A deusa da mitoloxía grega Eurínome pertence á primeira xeración de Titáns. O seu nome significa "amplo goberno". Era unha oceánide, filla de Océano e Tetis.

Antes de que Cronos se fixera co poder do universo, Eurínome gobernaba no Olimpo xunto ó seu esposo Ofión. Pero como el gabábase de ser o creador do universo, Eurínome deulle unha patada na boca, arrincoulle os dentes e botouno a unha cova subterránea. Outra versión di que foron desprazados por Cronos e Rea cando aquel derrocou a Urano e que foron desterrados -ou refuxiáronse- ó fondo do mar; ou, segundo outras fontes, ó Tártaro.

Foron acollidos por Tetis, e Eurínome salvou a vida e coidou a Hefesto cando este foi botado do Olimpo por Zeus, a causa da súa fealdade (ou por Hera, a súa nai, avergoñada pola súa coxeira). Outra tradición di que Zeus botou a Hefesto do Olimpo por defender a Hera nunha discusión co deus.

Fillos con Zeus Uníndose a Zeus foi a nai das tres Cárites (ou Grazas), Aglaia, Eufrósine e Talía, e tamén -segundo algúns autores- do deus río Asopo.

Culto Eurínome tivo un templo en Figalia (Arcadia). Pausanias conta que a estatua da deusa tiña as pernas de peixe e o tronco e cabeza de muller.

O mito pelasgo miniatura|Ofión chocando o ovo de Eurínome (James Basire, 1774) Robert Graves recolle así o mito pelasgo da creación Termo usado por algúns escritores da antiga Grecia para denominar os pobos predecesores dos helenos como habitantes de Grecia, un termo comodín para calquera pobo antigo, primitivo e presumiblemente indíxena no mundo grego. no que se refire a Eurínome:

Eurínome a Creadora alzouse núa do Caos e separou os mares do firmamento, sen atopar terra firme. Bailando sobre as ondas levantou o vento do norte e, dándose a volta, agarrouno e fretouno entre as mans, ata que apareceu a serpe Ofión. Seguiu bailando para quentarse, de forma salvaxe, e Ofión, excitado, enrodelouse nas súas pernas e copulou con ela, quedando preñada Trátase do mito recollido por Plinio na súa Historia Natural de que as eguas quedaban preñadas ó tornar as grupas cara o vento.. Tomando a forma dunha pomba puxo un ovo (o Ovo Universal). Ofión enrodelouse sete veces ó redor do ovo que, unha vez chocado, abriuse en dous e del foron xurdindo todo o que existe, os seus fillos: o sol, a lúa, os planetas, as estrelas, e a terra coas súas montañas e ríos, árbores e tódolos seres vivos Pola contra, o mito homérico da creación afirma que "os deuses e todas as criaturas vivintes orixináronse na corrente de Océano, que envolve ó mundo, e que Tetis foi a nai de todos os seus fillos" (Robert Graves, px. 38)..

O primeiro home foi Pelasgo, que naceu da Terra na Arcadia, e logo naceron máis. Eurínome ensinoulles a construír cabanas, a alimentarse de landras e a vestirse.

A deusa tamén creou as sete potencias planetarias, e encomendou o seu coidado a un titán e unha titánide: o Sol baixo o control de Tía e Hiperión; a Lúa, para Febe e Atlas; o planeta Marte, para Dione e Crío; Mercurio, para Metis e Ceo; Xúpiter, para Temis e Eurimedonte; Venus, para Tetis e Océano; e Saturno para Cronos e Rea.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Deusas gregas