María Cruz Mato Iglesias, nada en Silleda en 1934, é unha científica galega especialista en botánica. Vencellada ao CSIC desde 1965, foi directora do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG) e delegada institucional do CSIC en Galicia.
Traxectoria Licenciouse en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela en 1957 con premio extraordinario de licenciatura. Doutorouse en 1964 coa tese Estudio de la vegetación del partido judicial de Caldas de Reyes. Posteriormente, completou a súa formación nas Facultades de Ciencias das Universidades de Lausanne e de Montpellier.
Foi profesora de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela, e dende 1965 desenvolveu a súa carreira científica no IIAG do que foi directora (1984-1992). Foi a primeira e única muller delegada institucional do Consello Superior de Investigacións Científicas en Galicia (1992-2002).
Ten unha ampla obra publicada no campo da botánica e da bioquímica vexetal.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en 1934 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Botánicos de Galicia