Ortro ou Orto Ortro, segundo Grimal, s. v. Ortro; Orto, segundo Pseudo-Apolodoro (II, 5, 10) e Hesíodo (Teogonía 294, 310). era un can monstruoso, con dúas cabezas, irmán de Cérbero (este, de tres cabezas). Era fillo, como Cérbero, de Equidna e Tifón.

Uníndose á súa nai, Equidna, procreou á Esfinxe. Segundo Hesíodo, tiveron a Fix (un monstro que causaba estragos entre os cadmeos) e o León de Nemea (a quen tamén matou Heracles) Hesíodo: Teogonía 327-328..

Morto por Heracles Pertencía ó xigante Xerión, a quen llo dera Atlas, o seu primeiro dono. Servía como can de garda do pastor Euritión, que alindaba as afamadas vacas vermellas de Xerión na illa Eritia.

O décimo traballo que ordenou Euristeo a Heracles foi traerlle as as vacas vermellas de Xerión. Tras diversas aventuras chegou á illa Eritia. Ortro ventouno axiña e abalanzouse sobre el, pero Heracles matouno dun golpe da súa maza. Euritión acudiu a axudar ó can, pero tamén morreu ás mans de Heracles. Finalmente, matou a Xerión e roubou o gando, regresando a Grecia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981, s. v. Ortro.

HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]. Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA. PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].

Categoría:Animais na mitoloxía grega