Angela Evelyn Bassett, nada en Harlem, Nova York, o 16 de agosto de 1958, é unha actriz, produtora, directora e activista estadounidense.
Traxectoria Bassett debutou como actriz en 1985, no papel dunha prostituta no telefilme Doubletake; o seu primeiro papel no cinema chegou en 1986 co filme F/X, en que interpretaba o papel dunha reporteira.
Despois de protagonizar moitas series de televisión, o seu primeiro papel importante foi no filme de John Singleton Boyz n the Hood (1991). En 1992 Spike Lee contratouna para Malcolm X. Bassett interpretou a Betty Shabazz, a esposa de Malcolm X.
En 1993 interpretou a Tina Turner no filme What's Love Got to Do with It, que lle valeu unha candidatura ao Óscar á mellor actriz. En 1995 foi recoñecida polo gran público pola súa interpretación nos filmes Strange Days, dirixido por Kathryn Bigelow, Vampire in Brooklyn, dirixido por Wes Craven e Waiting to Exhale, dirixido por Forest Whitaker.
En 2002 interpretou a Rosa Parks no telefilme The Rosa Parks Story.
Vida persoal miniatura| Bassett na cidade de Nova York co seu marido Courtney Vance. Bassett é unha persoa que non fala da súa vida persoal. É relixiosa e asiste á Igrexa de Deus en Cristo nos Ánxeles, co actor e amigo Denzel Washington. Bassett dixo a Los Angeles Times: "Amar a Deus é como ser negro. Só está aí. [Ninguén di] Sabes que? Quero ser negro hoxe! É a miña cultura. Non é algo que poña, quite ou ensine. Simplemente comunica o modo de vida".
Está casada co actor Courtney B. Vance dende 1997. No verán de 2005 protagonizaron unha produción de His Girl Friday no teatro Guthrie Minneapolis, Minnesota. Os fillos da parella, Slater Josiah e Bronwyn Golden, naceron o 27 de xaneiro do 2006. Durante unha entrevista no programa de televisión de Oprah Winfrey, a parella confirmou que os xemelgos naceran a través dunha nai subrogada despois de varios anos de intentos fracasados de teren fillos de xeito natural."Angela, Courtney, Slater and Bronwyn" , People.
Bassett apoia programas para as artes, especialmente para a mocidade. Asiste a festivais para nenos con diabetes e polo acollemento cada ano e é embaixadora activa de UNICEF.
Filmografía ano Título Personaxe Notas 1986 F/X TV Reporter 1990 Kindergarten Cop Stewardess 1991 Critters 4 Fran 1991 Boyz n the Hood Reva Devereaux 1991 City of Hope Reesha 1992 Innocent Blood U.S. Attorney Sinclair1992The Jacksons: An American DreamKatherine Jackson 1992 Malcolm X Betty Shabazz 1992 Passion Fish Dawn/Rhonda 1993 What's Love Got to Do with It Anna Mae Bullock/Tina Turner 1995 Panther Betty Shabazz 1995 Strange Days Lornette 'Mace' Mason 1995 Vampire in Brooklyn Det. Rita Veder 1995 Waiting to Exhale Bernadine "Bernie" Harris 1997 Contact Rachel Constantine 1998 How Stella Got Her Groove Back Stella Payne 1999 Our Friend, Martin Miles' Mom Voz 1999 Music of the Heart Principal Janet Williams 2000 Supernova Dr. Kaela Evers 2000 Whispers: An Elephant's Tale Groove Voz 2000 Boesman and Lena Lena 2001 Diane 2002 Sunshine State Desiree Stokes Perry 2003 Unchained Memories Reader 2003 Masked and Anonymous Mistress 2004 Dr. Elizabeth Chase 2004 Mr. 3000 Maureen 'Mo' Simmons 2005 Mr. & Mrs. Smith Mr. Smith's Boss Voz (sen acreditar) 2006 Akeelah and the Bee Tanya Anderson 2007 Meet the Robinsons Mildred Voz 2008 Gospel Hill Sarah Malcolm 2008 Of Boys and Men Rieta Cole 2008 Meet the Browns Brenda Brown 2008 Nothing But the Truth Bonnie Benjamin 2009 Notorious Voletta Wallace 2011 Jumping the Broom Claudine Watson 2011 Lanterna Verde Amanda Waller 2012 This Means War Collins 2012 I Ain't Scared of You Ela mesma 2013 Olympus Has Fallen Secret Service Director Lynne Jacobs 2013 Black Nativity Aretha Cobbs 2014 White Bird in a Blizzard Dr. Thaler 2015 Curious George 3: Back to the Jungle Dr. Kulinda Voz 2015 Survivor Ambassador Maureen Crane 2015 Chi-Raq Miss Helen 2016 London Has Fallen Secret Service Director Lynne Jacobs 2018 Black Panther Ramonda 2018 Mission: Impossible – Fallout CIA Director Erika Sloane 2018 Bumblebee Shatter Voz 2019 Avengers: Endgame Ramonda Cameo 2019 Otherhood Carol Walker 2020 Soul Dorothea Williams Voz TBA Gunpowder Milkshake Anna May
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Bassett en Wireimage.com Bassett en TvGuide.com Entrevista con Angela Bassett e Courtney B. Vance en Sidewalks Entertainment
Categoría:Nados en Manhattan Categoría:Nados en 1958 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Nova York Categoría:Activistas dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Yale