Suabia (en alemán Schwaben, en bávaro Schwobm) é unha das sete rexións administrativas (Regierungsbezirk) en que está dividido o estado federado alemán de Baviera.
Está situada no suroeste de Baviera. Limita con Baden-Württemberg, a Franconia Media e a Alta Baviera. Ademais ten unha fronteira exterior con Austria, que se encontra aberta grazas ao Acordo de Schengen.
A súa capital administrativa é Augsburgo.Páxina oficial de Augsburgo .
División administrativa A rexión de Suabia está composta por catro cidades-distrito (Kreisfreie Städte) e dez distritos rurais (Landkreise):
Cidades-distrito
Augsburgo Kaufbeuren Kempten Memmingen
Distritos rurais Distrito de Aichach-Friedberg (Landkreis Aichach-Friedberg) Distrito de Augsburgo (Landkreis Augsburg) Distrito de Dilinga (Landkreis Dillingen a. d. Donau) Distrito de Danubio-Ries (Landkreis Donau-Ries) Distrito de Gunzburgo (Landkreis Günzburg) Distrito de Lindau (Landkreis Lindau am Bodensee) Distrito de Novo Ulm (Landkreis Neu-Ulm) Distrito de Alta Algovia (Landkreis Oberallgäu) Distrito de Algovia Oriental (Landkreis Ostallgäu) Distrito de Baixa Algovia (Landkreis Unterallgäu)
Poboación Evolución histórica da poboación de Suabia miniatura|150px|Casa do Concello de Kempten 1939: 934 311 1950: 1 293 734 1961: 1 340 217 1970: 1 467 454 1987: 1 546 504 2002: 1 776 465 2005: 1 788 919 2006: 1 786 764 2008: 1 787 995 2010: 1 785 875 2015: 1 846 020 2019: 1 899 442
Historia A rexión forma parte da rexión histórica de Suabia e en tempos pasados foi gobernada por duques da dinastía Hohenstaufen.
Despois da decapitación do duque de Suabia Conradino en Nápoles en 1268, seu tío, o duque bávaro Luís herdou algunhas das posesións de Conradino en Suabia.
En 1803, coa mediatización e secularización alemá, Baviera adquiriu os territorios da Suabia Oriental, que se fusionaron co Palatinado-Neuburgo, constituíndo a "Provincia Bávara de Suabia", cuxa capital encontrábase en Ulm.
Despois da fundación do Reino de Baviera, o estado reorganizouse totalmente e, en 1808, dividiuse en 15 rexións gobernamentais administrativas (en alemán: Regierungsbezirke, singular Regierungsbezirk), en Baviera chamadas Kreise (singular: Kreis). Estas creáronse á maneira dos departamentos franceses, bastante uniformes en tamaño e poboación, e recibiron o nome dos seus principais ríos.
En 1808 este territorio dividiuse en tres distritos (Oberdonaukreis, Lechkreis, Illerkreis) e, en 1817 foron reunidos de novo no distrito Oberdonaukreis, cuxa sede era Augsburgo.
Nos anos seguintes, debido aos cambios territoriais (por exemplo, a perda do Tirol alemán e a adquisición do Palatinado renano), o número de Kreise reduciuse 15 a 8. En 1837, o rei Lois I de Baviera cambiou o nome dos Kreise aos nomes territoriais históricos. Isto tamén implicou algúns cambios fronteirizos ou intercambios territoriais. Así, o nome do distrito cambiou a distrito de Suabia e Neoburgo, en honor ao ducado de Suabia, xa que o actual distrito conformaba os territorios do leste do antigo ducado.
Durante o período nazi, o 1 de outubro de 1928, a rexión separouse do resto de Baviera para formar o Gau Schwaben, sendo reincorporada a Baviera despois da segunda guerra mundial, como distrito de Suabia.
Economía O produto interior bruto (PIB) da rexión foi de 74 800 millóns de euros en 2018, o que representaba o 2,2 % da produción económica alemá. O PIB per cápita axustado ao poder adquisitivo foi de 36 500 euros, o 121 % da media da Unión Europea no mesmo ano. O PIB por empregado foi o 101 % da media da UE.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Franconia Alta Baviera Alta Franconia Palatinado renano Baixa Franconia Baixa Baviera
Ligazóns externas Goberno da Franconia Media Bayerische Landeszentrale für politische Bildungsarbeit
Categoría:Rexións de Baviera