Kenneth Stanley Reightler Jr., nado en Patuxent River, Maryland, o 24 de marzo de 1951, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-60 e STS-48.

Traxectoria Reightler graduouse en enxeñaría aeroespacial pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1973 e é máster en enxeñaría aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos en 1984.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xuño de 1987, participando nas misións STS-48 e STS-60 e pasando un total de 13,65 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-60 STS-48

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Maryland