Evelina Lucila Crisóstoma Hervella Nieto, nada no Barco de Valdeorras o 21 de setembro de 1908 e finada en Vigo o 14 de xaneiro de 2007,Atlántico Diario, 15-1-2007, p. 60. foi unha farmacéutica galega.

Traxectoria Filla de Antonio Hervella Ferreira. Fixo o Bacharelato no Instituto de Ourense entre 1917 e 1927. Marchou a Madrid para facer o curso selectivo de Ciencias (1927-28). Permaneceu dous cursos máis na Universidade Central de Madrid (1928-30) e posteriormente trasladou o expediente a Oviedo, onde fixo o curso 1931-32. Volveu trasladar o expediente á Universidade de Santiago de Compostela, onde estudou de 1933 a 1936. Non chegou a exercer como farmacéutica. miniatura|Lousa no camposanto de S. Pedro da Ramallosa. Vida persoal Casou con Francisco Fernández del Riego. Non tivo fillos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960

Ligazóns externas Localización no Arquivo Histórico Nacional do expediente académico do curso 1927-28 de Evelina Hervella Nieto, alumna da Facultad de Ciencias da Universidade Central de Madrid

Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados no Barco de Valdeorras Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Francisco Fernández del Riego Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo