dereita|miniatura|320x320px|O Imperio Romano dividido en 260 A crise do século III é unha serie de acontecementos ocorridos no Imperio Romano ao longo dese século, ou máis precisamente do ano 235 ao ano 284.Olivier Hekster, Rome and its Empire, AD 193–284 (Edimburgo 2008)

Historia Durante este período, o imperio foi gobernado sucesivamente por preto de dezaoito emperadores "lexítimos". A maioría deles foron preminentes xenerais que asumiron o poder imperial sobre todo ou sobre parte do imperio, soamente para perdelo por derrota en combate, asasinato ou mortes naturais, gobernando unha media de dous a tres anos. O número exacto de emperadores do período é descoñecido, pois non considera aqueles nomeados xunto cos seus pais ou colegas, nin os pretendentes e usurpadores.

A finais do século II ocorreu unha guerra civil de sucesión, que abalou profundamente o imperio. Na primeira metade do século seguinte, o imperio mantívose próspero e extenso, ata que o poderoso Imperio Sasánida, ao leste, comezou a facer ataques contra o Imperio Romano. O ano 260, foron capturados o emperador Valeriano e todo o seu exército de setenta mil homes. Sen moita defensa, as provincias do leste foron devastadas. esquerda|miniatura|230x230px|Coa ascensión do emperador Diocleciano (r. 284–305) pechouse a crise do século III A peste de Cipriano espallouse polo imperio e tornouse unha epidemia. Alén deses problemas, o Imperio Romano aínda se atopou con outro poderoso inimigo ao norte: os godos.

O avance da peste e os fracasos militares do imperio eran tan frustrantes que o pobo pasou a buscar novas crenzas e rituais para afastar os perigos, ao mesmo tempo que se intensificou a persecución dos cristiáns. Por toda Europa espalláronse rumores de que os acontecementos negativos eran algún tipo de castigo para o Imperio Romano.

Unha característica observada na crise do século II foi a fraqueza demostrada polos emperadores en manter de forma prolongada o control sobre o imperio. Esa serie de emperadores febles foi, en certo xeito, un reflexo da extensa militarización do imperio. Noutras palabras, Roma foi abandonando gradualmente o seu carádter aristocrático, entendido anteriormente nos poderes investidos ao senado romano, para tornarse un imperio militar.

Ese proceso de enfraquecemento do senado romano acompañous polo fortalecemento cada vez maior das lexións romanas nas decisións relativas á escolla dos emperadores, en función dos seus intereses inmediatos e, como consecuencia, na administración do imperio. Iso levou inevitabelmente á escolla de emperadores pouco preparados e incompetentes.

Coa crise do século III, comezaron as transformacións que, máis dun século despois, levaron á fin do período histórico coñecido como Antigüidade e o inicio da Idade Media.

Emperadores Dinastía gordiana RetratoNomeNacementoSucesiónReinadoFalecementoTempo no cargo100pxGordiano I CAESAR MARCVS ANTONIVS GORDIANVS SEMPRONIANVS AFRICANVS AVGVSTVSc. 159, Frixia?Proclamado emperador mentres era procónsul en África durante unha revolta contra Maximinio Tracio. Gobernou xunto co seu fillo Gordiano II, en oposición a Maximino. Tecnicamente era un usurpador, mais foi lexitimado retrospectivamente pola subida ao trono de Gordiano III22 de marzo de 238-12 de abril de 238Abril de 238 Cometeu suicidio tras descubrir a morte de Gordiano II21 días100pxGordiano II CAESAR MARCVS ANTONIVS GORDIANVS SEMPRONIANVS ROMANVS AFRICANVS AVGVSTVSc. 192, ?Proclamado emperador xunto co seu pai Gordiano I, en oposición a Maximino por acta do Senado22 de marzo de 238–12 de abril de 238Abril de 238 Asasinado durante a batalla de Cartago, combatendo cun exército a favor de Maximino21 días100pxPupieno (non dinástico) CAESAR MARCVS CLODIVS PVPIENVS MAXIMVS AVGVSTVSc. 178, ?Proclamado emperador xunto con Balbino polo Senado en oposición a Maximino; posteriormente coemperador con Balbino22 de abril de 238-29 de xullo de 23829 de xullo de 238 Asasinado pola garda pretoriana3 meses e 7 días100pxBalbino (non dinástico) CAESAR DECIMVS CAELIVS CALVINVS BALBINVS PIVS AVGVSTVS?Proclamado emperador xunto con Pupienus polo Senado tralas mortes de Gordiano I e II, en oposición a Maximino; posteriormente coemperador con Pupieno e Gordiano III22 de abril de 238–29 de xullo de 23829 de xullo de 238 Asasinado pola garda pretoriana3 meses e 7 días100pxGordiano III CAESAR MARCVS ANTONIVS GORDIANVS AVGVSTVS20 de xaneiro de 225, RomaProclamado emperador polos seguidores de Gordiano I e II, despois polo Senado; emperador xunto con Pupieno e Balbino ata xullo de 238. Neto de Gordiano I22 de abril de 238–11 de febreiro de 24411 de febreiro de 244 Descoñecido; posibelmente asasinado por orde de Filipo I5 anos, 9 meses e 20 días100pxFilipo o Árabe (non dinástico) CAESAR MARCVS IVLIVS PHILIPPVS AVGVSTVS con Philip II MARCVS IVLIVS SEVERVS PHILLIPVS AVGVSTVSc. 204, Shahba, SiriaPrefecto pretoriano de Gordiano III, tomou o poder trala súa morte; fixo o seu fillo Filipo II coemperador no verán de 247Febreiro de 244–setembro ou outubro de 249Setembro ou outubro de 249 (45 anos)Asasinado na batalla de Verona por Decio5 anos

Dinastía deciana RetratoNomeNacementoSucesiónReinadoFalecementoTempo no cargo100pxTraxano Decio CAESAR GAIVS MESSIVS QVINTVS TRAIANVS DECIVS AVGVSTVS con Herennius Etruscusc. 201, Budalia, Panonia InferiorGobernador baixo Filipo I; proclamado emperador polas lexións do Danubio que venceron e mataron a Filipo na batalla de Verona; fixo o seu fillo Herennius Etruscus coemperador a principios de 251Setembro ou outubro de 249–xuño de 251Xuño de 251 Asasinados na batalla de Abrittus loitando contra os godos2 anos100pxHostiliano CAESAR CAIVS VALENS HOSTILIANVS MESSIVS QVINTVS AVGVSTVSSirmiumFillo de Traxano Decio, aceptado como herdeiro polo SenadoXuño de 251–finais de 251Setembro ou outubro de 251 Causas naturais (peste)4–5 mesescenter|frameless|128x128pxTreboniano Galo (non dinástico) CAESAR GAIVS VIBIVS TREBONIANVS GALLVS AVGVSTVS con Volusianus GAIVS VIBIVS VOLVSIANVS AVGVSTVS206, ItaliaGobernador de Mesia Superior, proclamado emperador polas lexións do Danubio trala morte de Decio (e en oposición a Hostiliano); fixo o seu fillo Volusianus coemperador a finais de 251Xuño de 251–agosto de 253Agosto de 253 (47 anos)Asasinado polas súas propias tropas, en favor de Emiliano2 anos100pxEmiliano (non dinástico) CAESAR MARCVS AEMILIVS AEMILIANVS AVGVSTVSc. 207 ou 213, ÁfricaGobernador de Mesia Superior, proclamado emperador polas lexións do Danubio tras vencer os godos; aceptado como emperador trala morte de GaloAgosto de 253–outubro de 253Setembro ou outubro de 253 (40 ou 46 anos)Asasinado polas súas propias tropas, en favor de Valeriano2 meses

Dinastía valeriana RetratoNomeNacementoSucesiónReinadoFalecementoTempo no cargo100pxValeriano CAESAR PVBLIVS LICINIVS VALERIANVS AVGVSTVSc. 195Gobernador de Noricum e Recia, proclamado emperador polas lexións do Rin trala morte de Galo; aceptado como emperador trala morte de EmilianoOutubro de 253-260Despois de 260 Capturado na batalla de Edessa contra os persas, faleceu en catividade7 anos100pxGalieno CAESAR PVBLIVS LICINIVS EGNATIVS GALLIENVS AVGVSTVS con Saloninus218Fillo de Valeriano, feito coemperador en 253; o seu fillo Salonino foi brevemente coemperador arredor de xullo de 260, antes de ser asasinado por PóstumoOutubro de 253–setembro de 268Setembro de 268 Asasinado en Aquileia polos seus propios comandantes15 anos

Dinastía gordiana continuada?

RetratoNomeNacementoSucesiónReinadoFalecementoTempo no cargo100pxClaudio II CAESAR MARCVS AVRELIVS CLAVDIVS AVGVSTVS 10 de maio de 210, SirmiumXeneral vitorioso na batalla de Naissus, chegou ao poder trala morte de Galieno segundo Epitome de Caesaribus. Fillo bastardo de Gordiano IISetembro de 268-xaneiro de 270Xaneiro de 270 (60 anos)Causas naturais (peste)1 ano e 4 mesescenter|frameless|100x100pxQuintilo CAESAR MARCVS AVRELIVS CLAVDIVS QVINTILLVS AVGVSTVS c. 210, SirmiumIrmán de Claudio II, chegou ao poder trala súa morteXaneiro de 270–setembro? de 270270 (arredor de 60 anos)Pouco claras; posibelmente suicidio ou asasinatoDescoñecido100x100px|center|framelessAureliano (non dinástico) CAESAR LVCIVS DOMITIVS AVRELIANVS AVGVSTVS 9 de setembro de 214 ou 215, SirmiumProclamado emperador polas lexións do Danubio trala morte de Claudio II en oposición a QuintiloSetembro? de 270–setembro de 275Setembro de 275 (60–61 anos)Asasinado pola garda pretoriana5 anos

Tácitos RetratoNomeNacementoSucesiónReinadoFalecementoTempo no cargo100pxTácito CAESAR MARCVS CLAVDIVS TACITVS AVGVSTVS c. 200, Interamna Nahars, ItaliaElixido polo Senado para substituír a Aureliano, tras un breve interregnum25 de setembro de 275–xuño de 276Xuño de 276 (76 anos)Causas naturais ou posibelmente asasinado9 mesescenter|frameless|100x100pxFloriano CAESAR MARCVS ANNIVS FLORIANVS AVGVSTVS ?Irmán de Tácito, escollido polo exército do oeste para substituíloXuño de 276–setembro? de 276Setembro? de 276 Asasinado polas súas propias tropas, en favor de Probo3 meses100pxProbo (non dinástico) CAESAR MARCVS AVRELIVS PROBVS AVGVSTVS 232, SirmiumGobernador das provincias orientais, proclamado emperador polas lexións do Danubio en oposición a FlorianSetembro? de 276–setembro ou outubro de 282Setembro ou outubro de 282 (50 anos)Asasinado polas súas propias tropas, en favor de Carus6 anos

Dinastía carana

RetratoNomeNacementoSucesiónReinadoFalecementoTempo no cargo100pxCaro CAESAR MARCVS AVRELIVS CARVS AVGVSTVS c. 230, Narbo, Gallia NarbonensisPrefecto pretoriano de Probo; chegou ao poder antes ou despois do asasinato de Probo; fixo o seu fillo Carino coemperador a principios de 283 Setembro ou outubro de 282-finais de xullo ou principios de agosto de 283Finais de xullo ou principios de agosto de 283 Causas naturais? (Posibelmente morto por un raio)10–11 meses100pxNumeriano CAESAR MARCVS AVRELIVS NVMERIVS NVMERIANVS AVGVSTVS ?Fillo de Caro, sucedeuno xunto co seu irmán CarinoFinais de xullo ou principios de agosto de 283-284?284 Pouco claro, posibelmente asasinado1 ano100pxCarino CAESAR MARCVS AVRELIVS CARINVS AVGVSTVS ?Fillo de Caro, gobernou un pouco tempo con el e despois co seu irmán NumerianoPrincipios de 283–285285 Faleceu no batalla do Margus2 anos

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Olivier Hekster, Rome and its Empire, AD 193–284 (Edimburgo 2008) Klaus-Peter Johne (ed.), Die Zeit der Soldatenkaiser (Akademie Verlag, Berlín 2008). Alaric Watson, Aurelian and the Third Century (Taylor & Francis, 2004) John F. White, Restorer of the World: The Roman Emperor Aurelian (Spellmount, 2004) H. St. L. B. Moss, The Birth of the Middle Ages (Clarendon Press, 1935, reprint Oxford University Press, xaneiro de 2000) Ferdinand Lot, End of the Ancient World and the Beginnings of the Middle Ages (Harper Torchbooks Printing, Nova York, 1961. First English printing by Alfred A. Knopf, Inc., 1931).

Véxase tamén

Moeda de Maximino Tracio a Emiliano

Categoría:Imperio Romano