miniatura|250px|Un satélite Resurs-O1-N4 antes do lanzamento. Resurs é unha familia de satélites de observación da Terra soviéticos e rusos.
Características Os satélites Resurs comezaron sendo satélites derivados dos satélites de recoñecemento Zenit para fins civís. O seu obxectivo era a busca e investigación de recursos naturais de interese para a Unión Soviética e como forma de cooperación internacional. O primeiro satélite Resurs foi lanzado en 1979. Os primeiros Resurs usaban cápsulas para devolver a película fotográfica a terra para ser revelada e examinada. Versións máis avanzadas xa enviaban as imaxes por radiocomunicacións.
Resurs-F1 (GRAU 17F40, 17F41 e 17F43) Os primeiros satélites Resurs usaban a denominación F1, da que houbo tres series, cada unha cun índice GRAU distinto (17F40, 17F41 e 17F43). A diferenza entre as tres series non está clara. Os Resurs-F1 17F40 foron os primeiros satélites Resurs e, ao igual que os Zenit, usaban o método de devolver a terra a película fotográfica despois de tomar imaxes das zonas de interese. Funcionaban usando unha batería en vez de paneis solares, o que lles daba unha autonomía de 14 días aínda que podían aguantar dez días adicionais en modo de baixo consumo. Usaban o sistema fotográfico Priroda-4, que consistía nun sistema con tres canais multiespectrais usando dúas cámaras KFA-1000 e tres KATE-200. A resolución máxima conseguida era de 5 metros. Lanzáronse 53 Resurs-F1 entre 1979 e 1993, con só dous fallos.
Resurs-F1M Os Resurs-F1M eran unha versión mellorada dos Resurs-F1M. Seguían usando o método de retorno mediante cápsula e só se lanzaron dúas unidades, en 1997 e 1999.
Resurs-F2 Os Resurs-F2 estaban baseados nos Resurs-F1 e usaban paneis solars como fonte de enerxía, o que lles permitía permanecer ata 30 días en órbita. Usaban o sistema de imaxe SA-M, consistente en catro cámaras MK-4 cunha resolución de ata 5 metros e cunha capacidade de xeolocalización superior ao relacionarse co sistema de indización estelar SA-3R de a bordo. Lanzáronse dez Resurs-F2, todos a bordo de foguetes Soiuz U, entre 1987 e 1995.
Resurs-OE Resurs-OE foi un prototipo para dos satélites Resurs-OE. Foi lanzado o 24 de xullo de 1983 mediante un foguete Vostok 2M. Usaba o mesmo bus que os satélites meteorolóxicos Meteor 2 en lugar de basearse nos satélites Zenit. Reentrou na atmosfera terrestre o 28 de xaneiro de 2013.
Resurs-O1 Os Resurs-O1 foron os primeiros Resurs en usar un bus diferente ao dos satélites Zenit, usando o mesmo bus que os Meteor 2. Transmitían as imaxes directamente a terra en lugar de usar unha cápsula co material fotográfico. Como instrumentos levaban a bordo dous exploradores multiespectrais de alta resolución e dous de media resolución (só un no Resurs-O1 número 2). Lanzáronse tres Resurs-O1, os dous primeiros mediante foguetes Vostok 2M e o terceiro mediante un Zenit 2, en 1985, 1988 e 1994.
Resurs-O1 4 Resurs-O1 4 estaba baseado no bus dos satélites Meteor-3. Levaba máis instrumentación que os seus antecesores: un explorador multiespectral de alta resolución, un de media resolución, unha cámara de televisión para estudar a luz reflectida pola superficie e atmosfera terrestres, un medidor de radiación, un medidor de irradiación solar, un telescopio de partículas cargadas e un radiómetro. Foi lanzado o 10 de xullo de 1998 mediante un foguete Zenit 2.
Resurs-DK Resurs-DK ou Resurs-DK 1 foi un satélite da familia Resurs lanzado para a busca de recursos naturais, facer estudos ecolóxicos, servir de baliza para emerxencias mariñas, estudar a superficie do mar e do xeo, as condicións meteorolóxicas nas zonas polares e para servir de ligazón entre estacións terrestres. Estaba baseado nos satélites Yantar-4KS1M e levaba unha cámara pancromática de barrido cunha resolución de 0,9 m. Levaba acaroado o experimento rusoitaliano PAMELA para o estudo dos raios cósmicos e o experimento ARINA para a investigación de electróns e protóns de alta enerxía. Cunha masa de 6570 kg, foi lanzado o 15 de xuño de 2006 mediante un foguete Soiuz U. Deixou de funcionar en 2016.
Resurs-P Os satélites Resurs-P están baseados no Resurs-DK 1 e usan un sistema de cámaras cunha resolución de 1 m. A bordo levan tamén o sistema AIS de seguimento e recepción de sinais de buques.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasResurs-F1 17F41 15 de setembro de 1979 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F41 26 de xuño de 1980 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F41 331 de xullo de 1980 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F41 43 de setembro de 1980 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F41 52 de xullo de 1981 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F41 627 de agosto de 1981 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F41 725 de maio de 1982 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F41 88 de xuño de 1982 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F41 920 de agosto de 1982 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F41 1010 de febreiro de 1983 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F41 1117 de maio de 1983 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F41 127 de xuño de 1983 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F41 1320 de xullo de 1983 Soiuz U ÉxitoResurs-OE24 de xullo de 1983Vostok 2MÉxitoResurs-F1 17F41 145 de agosto de 1983 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F41 1514 de setembro de 1983 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F41 1616 de febreiro de 1984 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F41 1715 de xuño de 1984 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F41 1822 de xuño de 1984 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F41 1919 de xullo de 1984 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F41 2016 de agosto de 1984 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F41 2130 de agosto de 1984 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F41 2222 de maio de 1985 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F41 237 de xuño de 1985 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F41 2421 de xuño de 1985 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F41 257 de agosto de 1985 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F41 2629 de agosto de 1985 Soiuz U ÉxitoResurs-O1 13 de outubro de 1985 Vostok 2MÉxitoResurs-F1 17F41 2713 de decembro de 1985 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F41 2828 de maio de 1986 Soiuz UÉxitoResurs-F1 17F40 110 de xullo de 1986 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F40 22 de agosto de 1986 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F40 331 de outubro de 1986 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F40 421 de maio de 1987 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F40 518 de xuño de 1987 Soiuz U FalloResurs-F1 17F40 615 de setembro de 1987 Soiuz U ÉxitoResurs-F2 126 de decembro de 1987 Soiuz UÉxitoResurs-F1 17F40 718 de febreiro de 1988 Soiuz UÉxitoResurs-O1 220 de abril de 1988Vostok 2MÉxitoResurs-F1 17F43 131 de maio de 1988 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F43 27 de xullo de 1988 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F43 327 de xullo de 1988 Soiuz U FalloResurs-F2 223 de agosto de 1988 Soiuz UÉxitoResurs-F1 17F43 49 de setembro de 1988 Soiuz U ÉxitoResurs-F2 312 de xaneiro de 1989 Soiuz UÉxitoResurs-F1 17F43 525 de maio de 1989 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F43 627 de xuño de 1989 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F43 718 de xullo de 1989 Soiuz U ÉxitoResurs-F2 415 de agosto de 1989 Soiuz UÉxitoResurs-F1 17F43 86 de setembro de 1989 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F43 929 de maio de 1990 Soiuz U ÉxitoResurs-F2 517 de xullo de 1990 Soiuz UÉxitoResurs-F1 17F43 1016 de agosto de 1990 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F43 117 de setembro de 1990 Soiuz U ÉxitoResurs-F2 621 de maio de 1991 Soiuz UÉxitoResurs-F1 17F43 1228 de xuño de 1991 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F43 1323 de xullo de 1991 Soiuz U ÉxitoResurs-F2 721 de agosto de 1991 Soiuz UÉxitoResurs-F2 829 de abril de 1992 Soiuz UÉxitoResurs-F1 17F43 1423 de xuño de 1992 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F43 1519 de agosto de 1992 Soiuz U ÉxitoResurs 500 (Zvezda Kolumba)15 de novembro de 1992 Soiuz U ÉxitoResurs-F2 921 de maio de 1993 Soiuz UÉxitoResurs-F1 17F43 1625 de xuño de 1993 Soiuz U ÉxitoResurs-F1 17F43 1724 de agosto de 1993 Soiuz U ÉxitoResurs-O1 34 de novembro de 1994Zenit 2ÉxitoResurs-F2 1026 de setembro de 1995 Soiuz UÉxitoResurs-F1M 118 de novembro de 1997Soiuz UÉxitoResurs-O1 410 de xullo de 1998Zenit 2ÉxitoResurs-F1M 228 de setembro de 1999Soiuz UÉxitoResurs-DK 115 de xuño de 2006Soiuz UÉxitoResurs-P 125 de xuño de 2013Soiuz 2-1bÉxitoResurs-P 226 de decembro de 2014Soiuz 2-1bÉxitoResurs-P 313 de marzo de 2016Soiuz 2-1bÉxitoResurs-P 431 de marzo de 2024Soiuz 2-1bÉxitoResurs-P 525 de decembro de 2024Soiuz 2-1bÉxito
Notas
Véxase tamén Outros artigos Soiuz U Vostok 2M Zenit 2 Soiuz 2-1b
Categoría:Satélites artificiais