O Pazo de Xustiza é un edificio situado no Ensanche da cidade da Coruña. Acolle a sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Historia miniatura|esquerda|200px|Vista xeral do Pazo de Xustiza O edificio foi proxectado en 1908 polos arquitectos Ricardo Boán e Julio Galán Carvajal no seu único proxecto común. Porén, aprobouse en 1926 e a súa construción non comezou ata 1928, cando xa falecera Boán e Galán se trasladara a Asturias.
Situouse na que tería que ser unha gran praza do Ensanche para acoller os xulgados da Coruña.
Dende 1989 é a sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.Tribunal Superior de Xustiza de Galicia Entón os xulgados trasladáronse a un edificio de nova construción deseñado por Xosé Bar Boo.Cuatro edificios para una sola justicia
Descrición O pazo é de estilo ecléctico con influencias necoclasicistas e modernistas, se ben a decoración é bastante austera. Entre o proxecto inicial e a modificación que realizou Galán vinte anos despois o cambio fundamental foi esta decoración, máis adaptada aos gustos da época.
Está formado por tres corpos con dous patios nas zonas intermedias e fachadas simétricas.
Posúe unha escalinata solemne central, separada das escaleiras de servizo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Turgalicia
Categoría:Arquitectura civil na Coruña