A igrexa vella de Tampere (en finés Tampereen Vanha kirkko) é un templo evanxélico luterano da cidade de Tampere, Finlandia. Está situada no centro da cidade, na praza de Keskustori, á beira do Tammerkoski. Trátase do edificio máis antigo conservado no centro de Tampere, mentres que o campanario situado ao seu carón é o segundo máis antigo.

A igrexa vella é a casa da congregación sueca de Tampere, así como o principal lugar de culto para a comunidade inmigrante da cidade, ofrecendo servizos relixiosos en inglés todos os domingos. A igrexa, de pequenas dimensións, ten capacidade para 310 persoas.

Historia miniatura|Interior da igrexa co retablo de Ekman e o púlpito de Engel. A igrexa vella foi deseñada por Charles Bassi en 1821, e a súa construción finalizou en 1824 e consagrada o 11 de abril de 1825. Se ben a actual igrexa é de madeira, o proxecto estivo precedido por un ambicioso plano para a construción dunha igrexa de pedra. Precisamente a construción do templo atrasouse debido ás disputas en relación á súa localización e os materiais que se debían empregar para a súa construción, así como a pobreza xeral da poboación. En 1847 a igrexa foi ampliada baixo a dirección do arquitecto E.J. Wennerqvist.

O retablo de Xetsemaní, obra de Robert Wilhelm Ekman, data de 1831, mentres que o púlpito de estilo imperio de 1831, foi deseñado Aleksander Engel.

A igrexa foi renovada en varias ocasións, a última delas no ano 2000. A principal restauración que se levou a cabo tivo lugar entre 1953 e 1954, cando foi restaurada a case o seu aspecto orixinal segundo o plano de restauración de Nils Erik Wickberg.

Campanario miniatura|Campanario da igrexa. Ao carón da igrexa atópase o campanario obra Carl Ludvig Engel, construído en 1828 ao final da rea principal da cidade, Kauppakatu. O reloxo da torre data de 1835

Características Trátase dunha das primeiras igrexas de madeira neoclásicas con planta de cruz de Finlandia. O edificio é unha cruz de brazos desiguais, onde a sacristía se encontra no brazo oriental da cruz. Pode considerarse que no seu tipo, a igrexa é unha forma intermedia entre a cruz e a igrexa longa.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web da Tampere Seurakunta Información sobre a igrexa vella de Tampere

Vella