A Oficina Nacional de Impresión (en xaponés: 国立印刷局, Kokuritsu Insatsu-kyoku –NPB–) é un organismo autónomo de titularidade pública dependente do Goberno xaponés, responsable da produción do papel moeda circulante no Xapón, así como doutros produtos como os selos postais e o boletín oficial do Estado xaponés."Bureau Overview". National Printing Bureau.
Historia O 27 de xullo de 1871 creouse a Oficina de Papel Moeda (紙幣司, shiheishi) baixo a administración do Ministerio de Facenda. No entanto, a fabricación de billetes encargóuselle aos Estados Unidos, xa que naquel momento o Xapón carecía das instalacións e dos equipamentos necesarios para a produción nacional. A misión da Oficina de Papel Moeda limitábase, xa que logo, ao control dos bancos privados do país e á xestión das emisións e do cambio de billetes."History". National Printing Bureau.
En xaneiro de 1872 a Oficina de Papel Moeda asumiu a encomenda da fabricación de billetes, así como da produción do papel e diversos labores de impresión, entre os que cómpre salientar a produción de selos postais, títulos financeiros, pasaportes e impresión tipográfica. O primeiro billete xaponés producido pola Oficina de Papel Moeda foi o dun ien datado o 15 de outubro de 1877.
O 1 de xaneiro de 1898, a Oficina de Papel Moeda fusionouse coa Oficina da Gaceta Oficial e, como resultado, adquiriu tamén a misión de imprimir o boletín oficial, a partir do 2 de xullo dese mesmo ano.
En abril de 2003, a Oficina Nacional de Impresión adquiriu a condición de organismo autónomo de titularidade pública.
Organización miniatura|222x222px|Billetes xaponeses producidos pola Oficina Nacional de Impresión. A Oficina Nacional de Impresión componse dunha sede central, un instituto de investigación, un servizo de publicacións gobernamentais e varias plantas de produción.
Sede principal A oficina central, en Minato, Tokyo, ocúpase da planificación estratéxica, a avaliación e a auditoría, os produtos de seguridade e informáticos; a investigación e desenvolvemento, e outros asuntos xerais como os departamentos de recursos humanos, e de finanzas e contabilidade."Organization". National Printing Bureau.
Plantas miniatura|190x190px|Pasaporte xaponés, producido pola Oficina Nacional de Impresión."Products Rerquiring Anti-Counterfeiting Technology: Passports". National Printing Bureau. A Oficina Nacional de Impresión ten varias plantas de produción. A establecida en Toranomon é a responsable da impresión do boletín oficial e doutras publicacións gobernamentais. Na de Takinogawa fabrícase o papel moeda, títulos financeiros, bonos públicos e papel timbrado, e nas de Odawara, Shizuoka e Hikone tamén se producen billetes. Na planta de Ōji imprímense os selos postais. Pola súa banda, nas plantas de Odawara e de Okayama prodúcese o papel.
Actividades ambientais A política ambiental da Oficina Nacional de Impresión é "realizar actividades comerciais en harmonía co ambiente". Cinco das súas plantas xa acadaron a certificación ISO 14001: Takinogawa en 2002, Odawara en 2004, Hikone en 2006, Okayama en 2007 e Shizuoka en 2009."Environmental Policy of the National Printing Bureau". National Printing Bureau."Adquisition of ISO14001 Certification ". National Printing Bureau.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Casa da Moeda do Xapón Ien Museo da Moeda do Banco do Xapón
Ligazóns externas Sitio web da Oficina Nacional de Impresión (versión en inglés) Sitio web da Casa da Moeda do Xapón (versión en inglés)
Categoría:Fabricantes de billetes Categoría:Moedas do Xapón Categoría:Historia do Xapón Categoría:Empresas do Xapón Categoría:Impresión Categoría:Editoriais do Xapón