Manuel Pérez Prieto, nado na Habana e finado en Castropol o 30 de setembro de 1982,La Nueva España, 1-10-1982, p. 32. foi un médico e político galego.

Traxectoria Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, rematando a carreira en 1932.El Compostelano, 20-5-1932, p. 2. Instalouse como médico en Ribadeo en decembro de 1933.Las Riberas del Eo, 16-12-1933, p. 6. Militante do Partido Galeguista, foi concelleiro de Ribadeo. Na campaña das eleccións de febreiro de 1936 foi un dos oradores dos mitins antifascista de Rinlo, en decembro de 1935,Las Riberas del Eo, 28-12-1935, p. 1. Vilaframil, a principios de xaneiro,Las Riberas del Eo, 4-1-1936, p. 6. e Cubelas, a finais dese mes.Las Riberas del Eo, 25-1-1936, p. 1. O 16 de marzo de 1936 foi elixido presidente do comité local de Izquierda Republicana.Las Riberas del Eo, 21-3-1936, p. 2. Participou en varios mitins da campaña pro Estatuto en xuño de 1936.El Pueblo Gallego, 18-6-1936, p. 1.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e foi declarado en rebeldía. Integrouse no exército republicano en Asturias. Cou caída de Asturias foi detido e estivo no cárcere do Coto de Xixón. Foi xulgado en consello de guerra en Oviedo en febreiro de 1939 e condenado a cadea perpetua. Estivo preso en Burgos, Palencia e finalmente na Prisión Central de Celanova, onde exerceu como médico e da que saíu en liberdade condicional en novembro de 1940.BOE, 1-12-1940, p, 8262-82623. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en novembro de 1940.BOE, 27-1-1941, p, 419. Cando saíu da prisión volveu exercer como médico en Ribadeo e despois en Castropol.

Vida persoal Casou con Sara Díaz Vega,Las Riberas del Eo, 2-9-1950, p. 3. e foi pai de Ramona, Manuel, Claudio e Maika Pérez Díaz.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

"Claudín de Dona Eudosia" , artigo de Xosé Ramón Ermida Meilán en Terra e Tempo, 22 de novembro de 2012.

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Médicos de Ribadeo Categoría:Políticos do Partido Galeguista Categoría:Concelleiros de Ribadeo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Habana Categoría:Finados en 1982 Categoría:Políticos de Izquierda Republicana Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes