Carlos Manuel Pastor Regueira Méndez, nado en Muros en 1957, é un profesor de saúde pública e investigador especializado en hórreos. Traxectoria Licenciado en Química e Farmacia, e doutor en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou como profesor no departamento de psiquiatría, radioloxía e saúde pública. O seu campo de traballo profesional foi precisamente no ámbito da saúde pública, con investigación nos eidos da ocorrencia de determinadas enfermidades ou condicións, desde a catarreira á asma e á síndrome premenstrual. Tamén dirixiu dúas farmacias (unha en Baíñas) e mais un laboratorio de análises clínicas.
De maneira afeccionada dedicouse á micoloxía e á investigación dos hórreos. Froito desta última é a publicación en 2017 do Atlas de hórreos de Galicia.
Obra Atlas de hórreos de Galicia (2017), con prólogo de Xosé M. Lema Suárez.
Vida persoal Xubilado da Universidade de Santiago en 2019, reside no concello de Ames.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Nados en Muros Categoría:Nados en 1957 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes