A Solenopsis invicta é unha especie de formiga orixinaria de América do Sur, sendo unha das máis de douscentas oitenta especies do extenso xénero de formigas Solenopsis. Aínda que S. invicta sexa orixinaria de Suramérica, converteuse nunha praga no sur dos Estados Unidos de América, Australia, Taiwán, Filipinas e o sur da provincia chinesa de Guangdong. Tamén hai informes de colonias en Macau, antigo enclave portugués que linda coa provincia de Guangdong. Solenopsis invicta é coñecida por ter unha forte, dolorosa e irritante trabada que a miúdo deixa unha pústula na pel.
Notas
Véxase tamén Outros artigos 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo
Categoría:Himonópteros de América do Sur Categoría:Himenópteros de América do Norte Categoría:Himenópteros de Asia Categoría:Himenópteros de Australia Categoría:Animais descritos en 1916