Jesús López Rodríguez, nado en Vilagarcía de Arousa en 1974, é un sindicalista e político galego de Esquerda Unida e Comisións Obreiras. Traxectoria De longa traxectoria no labor sindical no seo de Comisións Obreiras de Galicia é presidente do comité de empresa de DS Smith Galicia (antiga Lantero) e foi responsable de acción sindical e negociación colectiva da FSC-CCOO de Galicia ata 2015. Militante de Esquerda Unida, encabezou en 2015 a candidatura de EU-SON á alcaldía de Vilagarcía de Arousa, que logrou tres concelleiros e de novo repetiu no primeiro lugar na candidatura de Vilagarcía en Común nas eleccións de 2019 mais quedou cun único representante no concello. Notas
Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1974 Categoría:Concelleiros de Vilagarcía de Arousa Categoría:Sindicalistas de CCOO de Galicia Categoría:Concelleiros de Galicia por Esquerda Unida
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes