Os Oklahoma City Dodgers son un equipo de béisbol estadounidense das Ligas Menores (Minor League Baseball) con sede en Oklahoma City, Oklahoma. O club, de clase Triple-A, compite na East Division da Pacific Coast League (PCL). Desde 2015 están afiliados aos Los Angeles Dodgers da Major League Baseball, estando anteriormente vinculados aos Houston Astros (1962–1972, 2011–2014), Cleveland Indians (1973–1975), Philadelphia Phillies (1976–1982) eTexas Rangers (1983–2010). O equipo disputa os seus xogos como local no Chickasaw Bricktown Ballpark, un estadio inaugurado en 1998 con capacidade para 9.000 espectadores.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos das MiLB