Garibaldo I de Baviera, nado polo 540 e finado polo 591 ou 593, foi rei de Baviera e logo o primeiro duque de Baviera, cando pasou a ser un protectorado franco, pertencente á Dinastía Axilolfinga desde o 555, aproximadamente, ao 591. É considerado o pai das dinastías bávaras.

Traxectoria Trala morte do rei merovingio Teodebaldo, o seu sucesor Clotario I casou coa súa viúva Waldrada, filla do rei dos lombardos Vacón. Os bispos de Clotario refutaron o matrimonio, polo que entregou a Waldrada como esposa a Garibaldo no ano 556. Isto contribuíu ao prestixio de Garibaldo e ademais axudoulle a establecer notables relacións diplomáticas entre os bávaros e os lombardos de Panonia e Bohemia, o que trouxo consecuencias importantes cando os lombardos se instalaron en Italia o ano 568.

Ao pouco tempo, os merovinxios trataron, durante 585, de achegar a Garibaldo á súa política, propondo o matrimonio entre a súa filla Teodolinda e o rei Childeberto II. Ao mesmo tempo querían estreitar as relacións con Autario, o novo rei lombardo, propondo o matrimonio deste coa irmá de Childeberto.Ámbalas dúas ofertas foron desatendidas e finalmente Autario casou con Teodolinda o ano 588.

Intuíndo unha política antifranca, os francos enviaron un exército a Baviera. Os fillos de Garibaldo Gundoaldo e Teodolinda escaparon a Italia, e Autario nomeou o seu cuñado duque de Asti. En 590, os francos invadiron Lombardía coa axuda de Bizancio pero foron derrotados.

Ao ano seguinte, Childeberto estabilizou as relacións entre francos e lombardos. Autario morreu o ano 590 e os duques lombardos pedíronlle a Teodolinda que volvese casar e ela elixiu a Agilulfo, que foi nomeado sucesor. Negociaron unha paz con Childeberto que se mantivo por decenios. A paz con Baviera estableceuse unha vez que Tasilón tomou o poder.

Non está claro se Garibaldo foi deposto ou se morrera. Tamén se descoñece a relación entre Tasilón e Garibaldo; o que se pode deducir dos testemuños da época é que, sen dúbida, non foi un dos seus fillos.

Familia Con Waldrada , Garibaldo I tivo os seguintes fillos:

probablemente; Tasilón I. Aínda que en ningún documento aparece o nome de Tasilon, dado que el é o pai de Garibaldo II, quen é o que sucede a Garibaldo I, Tasilón é considerado como o fillo máis vello de Garibaldo I. Teodelinda, Theodelinda ou Teodolinda: casada con Autario e despois con Agilulfo, reis dos lombardos. Grimoald, 590-595, duque de Baviera. Gondovaldo ou Gundoaldo: Duque de Asti e Duque de Trento; pai de Aripert, rei dos lombardos. Filla de nome descoñecido, casada co duque Eoino de Trento. Probablemente, outra filla, nai de Pipino de Landen. Probablemente, outra filla, Romilda (falecida en 610), esposa de Gisulf II, duque de Friuli (fallecido en 610), varios de cuxos fillos levan nomes axilolfingas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Historia de Alemaña Categoría:Nobres de Alemaña Categoría:Dinastía Axilolfinga