Boris Said, nado o 5 de maio de 1932 en Nova York e finado o 24 de marzo de 2002 en Seattle, chamado "Bob", era un piloto de carreiras dos Estados Unidos.

Said foi o primeiro estadounidense en gañar unha carreira por estrada en Europa despois da segunda guerra mundial, o Gran Premio de Rouen de 1953. Participou no primeiro Gran Premio dos Estados Unidos de Fórmula 1 en Sebring o 12 de decembro de 1959. Trompeou na primeira volta e non puntuou no Campionato Mundial. Tamén fixo unha saída na NASCAR, as 500 Millas de Daytona de 1959 onde terminou 50º despois dun fallo na transmisión.

Said tamén foi un competidor de bobsleigh, competindo dúas veces nos Xogos Olímpicos, 1968 en Grenoble e 1972 en Sapporo, Xapón logrando o posto décimo como mellor resultado. Os xogos de 1968 foron notables ao competir contra outro piloto de carreiras que competiu nas carreiras de zorras, Bob Widdows.

Máis tarde foi o produtor executivo dun documental titulado "Mystery of the Sphynx".

Rexistro de carreiras

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos Connaught Cars / Paul Emery Connaught Type C Alta 4 en liña MON 500 NED FRA GBR ALE POR ITA USA NC 0

NASCAR ( clave) ( Grosa pole position outorgada polo tempo de cualificación. Cursiva Pole position obtida por puntos na clasificación ou tempo de adestramento. * A maioría de voltas lideradas.)

Grand National Series Resultados nas NASCAR Grand National Series Ano Equipo Nº Marca 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 Pts Ref 1959 Buck Baker 89 Chevy FAY DAY DAY50 HBO CON ATL WIL BGS CLB NWS REF HCY MAR TRN CLT NSV ASP PIF GPS ATL CLB WIL RCH BGS AWS DAY HEI CLT MBS CLT NSV AWS BGS GPS CLB DAR HCY RCH CSF HBO MAR AWS NWS CON N/A 0

Notas

Referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas Bob Said biography at Grandprix.com Mystery of the Sphynx at IMDb

Categoría:Nados en 1932 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 dos Estados Unidos de América Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Connaught Categoría:Pilotos da NASCAR Categoría:Finados en 2002 Categoría:Estadounidenses de ascendencia siria Categoría:Pilotos de bobsleigh olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Pilotos de bobsleigh nos Xogos Olímpicos de 1968 Categoría:Pilotos de bobsleigh nos Xogos Olímpicos de 1972 Categoría:Nados en Nova York