miniatura|180x180px|O divertimento no século XVIII estaba composto para pequenas agrupacións. miniatura|180x180px|Divertissement segue usándose en ballet- miniatura|169x169px|Wolfgang Amadeus Mozart (en 1780). O divertimento é unha forma musical que foi moi popular durante o século XVIII, composta para un reducido número de instrumentos. Os divertimentos adoitaban amosar un estilo desenfadado e alegre (en italiano, divertimento significa ‘diversión’). En francés chamábase divertissement, e o seu plural en italiano era divertimenti.
Descrición É unha composición musical de forma similar á suite, e do mesmo xeito que esta, estaba formada por movementos de danza, aínda que máis curtos e simples, e máis libres no seu conxunto. Coincide coa serenata, nocturno, ou casación, dándolles en ocasións indistintamente un nome ou outro. O número de movementos que contén é variable, non está especificado, entre 5 e 9, aínda que hai exemplos de até 13 movementos. Ao coincidir a súa aparición co declive da suite, tomou moitos aspectos dela. Estaba composta para un número reducido de instrumentos, en ocasións só instrumentos de vento, e tamén para tríos, cuartetos ou quintetos. Hai casos de divertimentos dedicados a instrumentos solistas ou a orquestras de cámara.
Ás veces tamén se compuxeron para música vogal con acompañamento (como os divertimentos de Nicolas Bernier, 1718-1723), ou especificamente para instrumento de tecla, que con frecuencia se designaron co nome de Partitas. Moitos historiadores da música consideran que Haydn usou o divertimento como figura de transición para a fixación do cuarteto de corda na súa forma clásica e para a sonata.
Composicións Luigi Boccherini foi un dos primeiros compositores desta forma musical (Divertimenti para frauta e cordas, KV. 461, 464-466 e 3 divertimenti para 2 violíns, frauta, viola, dous violoncellos e contrabaixo, Op. 16), pero foron Haydn e Mozart quen máis utilizaron este tipo de composición.
Haydn compuxo decenas de divertimentos. Entre eles:
Divertimento en do para quinteto de vento Divertimento para cordas n.º 1 Divertimento para viola de amor, viola e violoncello Divertimento n.º 6 para frauta, violín e violoncello.
Exemplos de divertimentos de Mozart:
Divertimentos KV 136, 137 e 138 Cinco divertiments KV 439b para tres corni dei bassetto Divertimento para orquestra de corda en fa maior Divertimento para violín, viola e violoncello en mi bemol maior, K 563 Divertimento n.º 1 en fa maior KV 213 Divertimento n.º 2 en si maior KV 240 Divertimento n.º 3 en mi bemol maior KV 252 Divertimento n.º 4 en fa maior KV 253 Divertimento n.º 5 en si maior KV 270 para dous óboes, dous fagots, e dous cornos.
Outros compositores importantes desta época, foron Leopold Mozart (Divertimento n.º 1 para dous violíns e violoncello) e Karl Stamitz (Divertimentos n.º 1, n.º 2, n.º 3 e n.º 4, Op. 21).
Durante o século XIX, esta forma decaeu con gran rapidez, aínda que as reminiscencias do divertimento permaneceron, timidamente, entre algúns compositores da primeira época romántica, como Beethoven e Schubert, pero foron feitos illados e a realidade é que practicamente desapareceu.
No século XX, algúns compositores titularon as súas obras co rótulo de divertimento, aínda que con diferenzas á forma empregada durante o século XVIII, por exemplo:
Béla Bartók (Divertimento para orquestra de corda, 1939) Ígor Stravinski (Divertimento, 1943 con revisión en 1949) Montsalvatge (3 divertimenti para piano, 1940) César Guerra-Peixe (Divertimento n.º 2, 1947) Mestres-Quadreny (Divertimento La Ricarda, 1962) Marlos Nobre (Divertimento para piano e orquestra, 1963). Hans Werner Henze (Divertimenti, música para entreactos da súa ópera Der Junge Lord, de 1964) Carles Santos (Divertimento n.º 1, 1977) Leonard Bernstein (Divertimento para orquestra, 1980)
Véxase tamén Bibliografía Diccionario de la música clásica (vol. 1). Barcelona: Plaza y Janés, 1991. ISBN 84-01-61536-4. Honegger, Marc: Diccionario biográfico de los grandes compositores de la música. Madrid: Espasa-Calpe, 1994. ISBN 84-239-5389-0.
Categoría:Terminoloxía musical