, é unha empresa xaponesa dedicada á fabricación de automóbiles (especialmente todoterreos e compactos), motocicletas, motores fóra borda, e unha variedade de produtos equipados con motores de combustión. Foi fundada en 1909 na localidade de Hamamatsu por Michio Suzuki. En 2016 Suzuki foi o maior fabricante de automóbiles subcompactos a nivel mundial. Por segundo ano consecutivo, foi a marca número un en automóbiles pequenos. En setembro de 2017, as vendas globais da marca superou 102,6 millóns de unidades comercializadas dende que iniciou a fabricación de automóbiles en 1955. A cifra produtiva de Suzuki situouse en 3,05 millóns de unidades en 2019, un 11,1% menos que o ano anterior. A marca construíu 946.768 unidades no Xapón, e a súa produción no resto do mundo foi de 2,1 millóns de unidades.

Suzuki é un fabricante independente, aínda que durante uns anos tivo vínculos próximos con General Motors e Volkswagen, sen chegar a ser controlado por outro fabricante.

Historia miniatura|Suzulight de 1955 miniatura|Suzuki SC 100 CX-G (versión especial) de 1979 A compañía foi fundada en 1909 co nome de Suzuki Loom Works, dedicada inicialmente á fabricación de teares. En 1952 Suzuki comezou a fabricar un modelo de bicicleta motorizada equipada cun motor 2x36cc. Ao ano seguinte introduciu un segundo modelo de bicicleta. En 1954 cambiaouse o nome da compañía polo de Suzuki Motor Co., Ltd, e construíuse a “Colleda”, a súa primeira motocicleta completa. Tratábase dunha máquina monocilíndrica de 90cc.

En outubro de 1955 Suzuki introduciu o seu primeiro coche fabricado en serie, o Suzulight, con motorización de dous cilindros, dous tempos e 360cc. que tivo moi boa acollida no Xapón. En 1961 introduciu o Suzulight Carry, que foi a primeira das moitas furgonetas da marca.

O primeiro automóbil Suzuki que entrou en produción regularmente foi o Suzulite de 1961, un pequeno vehículo de 4 prazas coas siglas 360 TL. O motor, situado na parte dianteira en posición transversal, era de dous cilindros en liña, e a súa cilindrada era de 360cc. A tracción era dianteira e a transmisión de tres velocidades. Cunha potencia de 21 CV SAE a 4500 rpm, podía alcanzar os 85 km/h.

Nos anos 1970, os modelos Fronte e Jimny fixeron posible aumentar as exportacións. En 1981 Suzuki alcanzou un acordo con General Motors para satisfacer a crecente demanda de coches pequenos. Coa axuda de "Isuzu" o "Sprint" de Chevrolet ("Suzuki Cultus" no Xapón) introduciuse nos Estados Unidos, co que deu inicio á serie de alianzas que realizou con outros fabricantes automobilísticos. En 1985 o modelo "Samurai" foi o primeiro automóbil nos Estados Unidos lanzado baixo a marca de fábrica de Suzuki. Así mesmo, dende 1987 Suzuki exportou algúns dos seus modelos aos Estados Unidos baixo a marca de fábrica Geo creada por GM para competir coas marcas estranxeiras. En 1998 Chevrolet absorbeu Geo, pasando os seus modelos a ser vendidos baixo a marca Chevrolet.

En 2002, as vendas globais da marca alcanzaron os 30 millóns de unidades.

Fabricación A maior produción de vehículos de Suzuki continúa centrándose no Xapón e na India, con Maruti Udyog.

En 2020, a entrada en vigor da normativa sobre emisións da Unión Europea supuxo o fin da comercialización do Suzuki Jimny nos estados membros debido ás súas elevadas emisións de dióxido de carbono, que poderían afectar a media de toda a súa gama de modelos, o que lle obrigaría a pagar unha multa.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Suzuki Global

Categoría:Fabricantes de automóbiles do Xapón Categoría:Fabricantes de motocicletas