O Estadio de Tampere (en finés Tampereen stadion), tamén coñecido como Estadio de Ratina (en finés Ratinan stadion), é un estadio multiúsos da cidade de Tampere, Finlandia. Foi deseñado por Timo Penttilä e inaugurado en 1965. Ten capacidade para 16 800 persoas (4 000 na bancada principal cubierta), que se amplía ata as 30 000 para concertos empregando a área do campo.
Do 10 ao 15 de xullo de 2018 o Estadio de Tampere foi escenario da 17ª edición do Campionato do Mundo de Atletismo Sub-20. Anteriormente, o 9 de abril de 2013, o estadio reviviu os enfrontamentos ao aire libre entre os dous principais clubs de hóckey sobre xeo da cidade, Ilves e Tappara, establecendo un novo récord de asistencia a un partido de hóckey sobre xeo local con 15 000 persoas nas bancadas.
Concertos celebrados no estadio +ConcertoDataEppu Normaali14 de agosto de 2004 /
6 de agosto de 2016Toto18 de agosto de 2007Iron Maiden19 de xullo de 2008Suomi-ilmiö 20089 de agosto de 2008Bruce Springsteen2 de xuño de 2009Bryan Adams26 de maio de 2010AC/DC1 de xuño de 2010Red Hot Chili Peppers1 de agosto de 2012Bon Jovi26 de maio de 2013Nightwish31 de xullo de 2015Robbie Williams10 de agosto de 2017Popeda4 de agosto de 2018Rammstein9 de agosto de 2019 /
10 de agosto de 2019Blockfest (anual)2015-actualidade
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas O Estadio de Tampere no sitio web da Cidade de Tampere, .
Categoría:Recintos deportivos de Tampere