Máximo Ramos López, nado na Graña (daquela pertencente ao Concello de Serantes, hoxe ao de Ferrol) o 4 de setembro de 1880 e finado en Madrid o 25 de febreiro de 1944,El Correo gallego: Ano LXVI Número 22459 - 1944 febreiro 26El Progreso: Ano XXXVII Número 11272 - 1944 febreiro 26El Pueblo gallego: Ano XX Número 6399 - 1944 febreiro 27Algunhas fontes (GEG, EGU, DBdG, DEGU…) indican, erradamente, que finou en 1949. foi un debuxante, escenógrafo, muralista, publicista, ilustrador, gravador e pintor galego.

Traxectoria Fillo de mariño, Máximo, orfo xa de mozo, non quixo seguir a profesión do pai. Colaborou en El Correo Gallego daquela inda en Ferrol. En 1907 trasladouse á Coruña. En 1910 emigrou a América, traballando de cartelista e escenógrafo, percorrendo México, Cuba (colaborando con Galicia Gráfica e Labor Gallega), os Estados Unidos, Guatemala e a Arxentina.

De volta en España traballou para La Ilustración Española y Americana (da que foi director artístico en 1913), Diario Ferrolano, Prensa Española (Blanco y Negro e ABC), La Esfera, Nuevo Mundo, Flechas y Pelayos e Fotos. Publicou a novela Mientras llega la hora (Talleres Jesús López, Madrid, 1916), onde amosou a súas convicións ideolóxicas e aspiracións políticas revolucionarias con debuxos intensos e escritos breves que fixeron medrar a súa fama de anarquista.''Enciclopedia Galega Universal.

A súa obra está presente nas coleccións de institucións como, entre outras, a Deputación da Coruña, o Museo de Pontevedra,"O ferrolán Máximo Ramos López (1880-1949) naceu tal día coma hoxe de hai 136 anos" (4/9/2016) Museo de Pontevedra. a Colección Afundación, o Museo Municipal Quiñones de León, o Museo de Belas Artes da Coruña,Museo de Belas Artes da Coruña a Real Academia Galega"Retrato de Rosalía de Castro, por Máximo Ramos" (14/5/2013) RAG. ou o Museo ABC.Máximo Ramos no Museo ABC

Recoñecementos O Premio de Gravado Máximo Ramos, celebrado desde 1984,Premio Máximo Ramos en pintoresgallegos.com . así como unha rúa do Concello de Ferrol, levan o seu nome. miniatura|Publicidade do libro de Picadillo: La cocina práctica, 1905. Galería de imaxes

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Federico Ribas Colección Afundación Ligazóns externas

Listaxe de bibliografía sobre Máximo Ramos pintoresgallegos.com.

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1944 Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Finados por pneumonía Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Muralistas Categoría:Publicistas