Luca Attanasio, nado en Saronno (Lombardía) o 23 de maio de 1977 e finado en Goma (Congo) o 22 de febreiro de 2021, foi un diplomático italiano, que serviu como embaixador na República Democrática do Congo desde 2017 até o seu asasinato nese mesmo país en febreiro de 2021.
Traxectoria Attanasio medrou en Limbiate e graduouse con honores na Universidade Comercial Luigi Bocconi en 2001. Arrancou a súa carreira diplomática en 2003, no Farnesina, dentro da Xunta Directiva para Asuntos Económicos, Oficina de Apoio Empresarial, e logo no secretariado da Dirección Xeral por África. Un ano máis tarde pasou a ser xefe deputado do subsecretariado de estado con responsabilidade en África e Cooperación Internacional. Attanasio comezou fóra de Italia en 2006, servindo na Oficina Económica e Comercial da embaixada italiana en Berna (2006–2010) e xeneral do Consulado Rexedor de Italia en Casablanca, Marrocos (2010–2013). En 2013 regresou ao Farnesina onde foi nomeado Xefe do Secretariado da Dirección Xeral para a Globalización e Asuntos Globais. Máis tarde regresou a África como conselleiro primeiro na embaixada italiana en Abuja, Nixeria, en 2015. Desde o 5 de setembro de 2017, foi líder de misión en Kinshasa, na República Democrática do Congo. E dende o 31 de outubro de 2019, foi confirmado como Embaixador Extraordinario Plenipotenciario acreditado no Congo. En outubro de 2020, foi premiado co Premio Internacional Nassiriya pola Paz. Attanasio era un dos embaixadores italianos máis mozos.
Morte miniatura|261x261px|Provincia de Kivu do Norte, localización do asasinato, na República Democrática do Congo En febreiro de 2021, un convoi de tres vehículos do Programa Alimentario Mundial (WFP) da MONUSCO, a misión de Nacións Unidas para a estabilización da República Democrática do Congo, na cal viaxaban sete persoas entre elas Luca Attanasio, foi atacado por seis individuos armados. O convoi atopábase na Provincia de Kivu do Norte, nun traxecto desde Goma até Rutshuru, unha cidade 70 km ó norte de Goma, nunha ruta que levaría aos vehículos polo Parque Nacional de Virunga, para subministrar alimentos nunha escola da zona. O incidente aconteceu ás 10.15 da mañá (UTC +02:00) preto dos asentamentos de Kibumba e Kanyamahoro. O WFP e mais o gobernador de Kivu Carly Nzanzu confirmaron que o ataque ocorreu nunha estrada asegurada e previamente autorizada para viaxar sen escoltas de seguridade. Attanasio era o obxectivo principal do ataque, cando os homes armados tentaron secuestralo, fallando na tentativa e comezando un tiroteo, matando o condutor congolés do convoi das Nacións Unidas, Mustapha Milambo. Os atacantes ameazaron aos outros seis membros do convoi e leváronos ao bosque máis achegado. Namentres as forzas de seguridade chegaban ao lugar, un asaltante matou a Vittorio Lacovacci, un home de 30 anos carabineiro. Attanasio foi tamén ferido de bala e hospitalizado en condicións serias no Hospital das Nacións Unidas en Goma, pero morreu en breve despois de sucumbir ás súas feridas por arma de fogo no seu abdome, aos 43 anos de idade, converténdose na terceira morte do ataque. Amais, secuestraron tres reféns e abandonaron o lugar; un terceiro home de nacionalidade italiana tamén foi disparado pero logrou escapar. Descoñécese se algún dos atacantes foi capturado ou perdeu a vida. Attanasio foi o primeiro embaixador estranxeiro en ser asasinado na República Democrática do Congo dende 1993, e o primeiro embaixador italiano en ser asasinado mentres cumpría o seu mandato.
Os corpos de Attanasio e Ianovacci foron repatriados a Italia utilizando unha aeronave militar. O funeral de estado para ambos celebrouse o 25 de febreiro de 2021, na basílica Santa Maria degli Angeli e dei Martiri en Roma. Segundo o fiscal Alberto Pioletti, as autopsias mostraron que as mortes de Attansio e Iacovacci foron probablemente debidas ao correspondente tiroteo que se provocou no canto dun asasinato premeditado e a consciencia no lugar.
Resposta internacional O primeiro ministro de Italia Mario Draghi pediu abrir unha investigación sobre o ataque aos Estados Unidos e ao WFP. O presidente da República Democrática do Congo Félix Tshisekedi reuniuse coa viúva Zakia Seddiki e comunicoulle que o seu goberno abrira unha investigación en Goma "para que saia á luz todo sobre este odiosos crime canto antes." O ministro italiano de Asuntos Exteriores Luigi Di Maio dixo que "as circunstancias deste brutal ataque aínda non están claras e esgotaranse os esforzos para esclarecer o acontecido." Un grupo de investigadores italianos viaxaron a Goma en coordinación cunha investigación fiscal comezada en Roma. Varios xornais italianos dedicaron as súas portadas en forma de tributo aos falecidos; o xornal de Turín La Stampa escribía o titular "Luca e Vittorio. O mellor de Italia." O papa Francisco expresou a mágoa que sentía "pola desaparición destes servidores de paz e lei."
As Forzas Democráticas para a Liberación de Ruanda foron acusadas polas autoridades locais de estar detrás do ataque. Con todo, o mesmo grupo negou calquera responsabilidade e condenou o ocorrido, cualificándoo como "innobre". A muller de Attanasio, Zakia Seddiki, informou a Il Messaggero de que ela cría que Luca "fora traizoado por alguén próximo a nós, á nosa familia", e proseguiu dicindo: "alguén que coñecía os seus movementos falou, vendeulle e traizooulle".
O 5 de marzo de 2021, Mwilanya Asani William, o avogado que investigaba o asasinato de Attanasio e os outros dous homes, foi tamén asasinado por pistoleiros descoñecidos durante unha emboscada.
Vida persoal Estaba casado, dende 2015, con Zakia Seddiki, orixinaria de Casablanca (Marrocos) e ex presidenta dunha ONG congolesa asistindo ás mulleres e mais aos nenos. Tiñan tres fillas.
Mentres vivía en Marrocos, Attanasio declarouse musulmán mediante a shahada, tomando o nome de Amir. Con todo, Attanasio era católico romano, segundo o párroco de Limbiate Angelo Gornati, e participaba en actos islámicos xa que era a relixión da muller. De feito, Zakia tamén participaba en actos católicos. Tras a súa morte, varias comunidades musulmás celebraron un salat al-gha'ib, ou oración fúnebre ausente, por el e mais Milambo. Baraa Al Obeidi, imán da Mesquita María de Milán, dixo que Luca debe ser considerado como un mártir da comunidade musulmá, xa que foi matado inocentemente polo seu traballo humanitario.
Notas
Categoría:Finados en 2021 Categoría:Nados en 1977 Categoría:Embaixadores de Italia Categoría:Nados en Saronno Categoría:Asasinatos na República Democrática do Congo Categoría:Embaixadores de Italia na República Democrática do Congo Categoría:Embaixadores na República Democrática do Congo Categoría:Diplomáticos de Italia Categoría:Alumnos da Universidade Comercial Luigi Bocconi