Pokémon Sun (en ; Poketto Monsutā San) e Pokémon Moon (en ; Poketto Monsutā Mūn) son dous videoxogos de rol de 2016 desenvolvidos por Game Freak e distribuídos por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo 3DS. Son os primeiros títulos da sétima xeración da serie de videoxogos de Pokémon. Os xogos foron anunciados por vez primeira en febreiro de 2016, e Sun e Moon foron lanzados internacionalmente o 18 de novembro de 2016, co gallo do vinte aniversario da franquía. Un par de versións melloradas, Pokémon Ultra Sun e Pokémon Ultra Moon, foron lanzadas para a mesma consola o 17 de novembro de 2017.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Videoxogos de 2016 Categoría:Videoxogos de rol Categoría:Videoxogos de Pokémon Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Xapón Categoría:Videoxogos con banda sonora de Junichi Masuda Categoría:Videoxogos de Nintendo 3DS Categoría:Videoxogos dun xogador e multixogador Categoría:Videoxogos de Game Freak