Raúl Vásquez Sáez, nado o 6 de febreiro de 1954 en La Villa de Los Santos (Panamá) e finado o 20 de outubro de 2008 na Cidade de Panamá, foi un pintor e poeta panameño, encadrado dentro da denominada "Escola de Azuero", da cal se lle considera o iniciador. Traxectoria De formación esencialmente autodidacta, Raúl Vásquez recibiu influencias de Paul Klee, Joan Miró, Jean Dubuffet, Antoni Tápies, Rufino Tamayo e Francisco Toledo, pero especialmente, dos pintores rupestres, os primitivos australianos, os primitivos africanos, e mais dos pré-colombianos.

Foi discípulo do pintor panameño e docente Juan Manuel Pérez, ao que algúns autores consideran a orixe da "Escola de Azuero", antes que Vásquez, nunha controversia aínda non resolta polos especialistas. Realizou a súa primeira exposición individual en 1977, no Centro de Arte e Cultura da cidade de Panamá. Despois de ter gañado ese ano unha bolsa que lle permitiu unha breve estancia formativa na Academia de Belas Artes de Florencia, cuxa experiencia levoulle a renunciar desde o inicio ao academicismo da arte occidental, trasladouse a México onde ingresou na Escola Nacional de Pintura, Escultura e Gravado "La Esmeralda", onde entrou en contacto coa arte pré-colombiana. Desde 1975, Raúl Vásquez expuxo individualmente nos principais museos e galerías de arte de Panamá, así como noutros espazos estranxeiros como Montpellier, Santo Domingo ou Miami. Colectivamente, a súa participación foi vasta, expondo en Buenos Aires, Monterrey, Bogotá, Hollywood, Guatemala, Santo Domingo, Miami, Caracas, São Paulo, Cuenca (Ecuador), Nagoya, Tokyo, Setúbal, Valparaiso, San Xosé (Costa Rica), Toluca, Michoacán...

Faleceu o 20 de outubro de 2008.

Obra Como pintor A súa pintura, figurativa, ás veces con incursións no abstracto, realizada con técnicas mixtas, mostra seres oníricos e fantásticos, de cores saturadas con gran presenza da figura feminina e da infancia. A súa obra explora e indaga nos ritos máxicos e nas raíces ancestrais, plasmando imaxes relacionadas coa tradición plástica do mundo precolombiano, algo que se ve reflectido no uso das cores e dos materiais utilizados, como a terra ou a area.

Nos temas das súas pinturas emanan as lembranzas da infancia a través da visión cósmica do artista, influídos pola súa práctica do xamanismo, que destaca a relación do ancestral e o espiritual en todos os aspectos da natureza. Vásquez recorre aos contidos e ás estruturas míticas co propósito de atopar respostas para o presente, invocando, na súa alquimia, as formas do pasado por medio do diálogo cos materiais elixidos, nunha forma de animismo que lle capacita para esa comunicación.

Coleccións permanentes Raúl Vásquez posúe cadros en diversas coleccións permanentes:Galería Habitante (15 de octubre de 1997). Catálogo exposición de Raúl Vásques Sáez "Sol que rasguña" (Panamá): página 22.

Sala Permanente de Historia da Arte panameña, do Patrimonio Histórico panameño (Panamá, Panamá). Museo de Arte Contemporánea de Panamá (MAC Panamá, Panamá, Panamá). Galería Nacional de Arte Contemporánea do Museo de Arte costarriqueña (MAC Costa Rica, San Xosé, Costa Rica). Museo de Arte Moderna da República Dominicana (Santo Domingo, República Dominicana).

Obras destacadas Bruja madre de las vacas (1989) Brujo Totem, malabarista (1991) Figuras con círculo (1991) Barquero que llega al muelle (1994) Rana con culebra: Danza Salto de la Continuidad (1995) La Danza del Gesto de la Revelación (1995) Trance. Mesa del Poder (1997) Caballo, otro que asusta los silencios (1997)

Como poeta Raúl Vásquez Sáez publicou exactamente tres libros:

Cerrojo profundo (1983)Cerrojo profundo, Raúl Vásquez, caderno de poemas (autoeditado). Litho Impresora, La Villa de Los Santos, República de Panamá, 1983. En tu piel anónima (1984) En tu piel anónima, Raúl Vásquez, libro autoeditado, Litho Impresora, La Villa de Los Santos, República de Panamá, 1984 No soy un tambor de augurios... (2008)Yo no soy un tambor de augurios..., Raúl Vásquez Sáez. Ediciones Andrómeda, San José, Costa Rica, 2008..

Notas

Referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas Milagros Bello, "Raúl Vásquez Sáez. Sueños e imágenes fabulatorias", . Agulha, Revista de cultura nº 51. (Fortaleza, São Paulo, maio/xuño de 2006) Raúl Vázquez: su mística, por Pedro Correa Vásquez, .

Categoría:Pintores de Panamá Categoría:Nados en Panamá Categoría:Nados en 1954 Categoría:Finados en 2008