miniatura|230px|Espermateca da tarántula Acanthoscurria geniculata A espermateca é un órgano do aparato reprodutor das femias de certos insectos, moluscos e algúns outros invertebrados,David M. Sever, Cynthia K. Tait, Lowell V. Diller & Laura Burkholder (2004): "Ultrastructure of the Annual Cycle of Female Sperm Storage in Spermathecae of the Torrent Salamander Rhyacotriton variegatus (Amphibia: Rhyacotritonidae)". Journal of Morphology 261: 1–17. no que estas almacenan o esperma dos machos tras a cópula.espermateca en dicciomed. diccionario médico-biológico, histórico y etimológico.

Etimoloxía O termo está formado polos elementos esperma- e -teca, ambos os dous derivados das voces do grego antigo σπέρμα, σπέρματος spérma, spérmatos "semite", "seme", e θήκη thḗkē "caixa", "depósito".

Este neoloxismo emprgouse por primeira vez na linguaxe científica en 1826 no inglés.

Función O propósito da espermateca é o de recibir e almacenar a esperma do macho e, xelamente, é alí onde ten lugar a fecundación, é dicir, a unión do gameto feminino con masculino, cando o óvulo está maduro.

A espermateca está recuberta de epitelio e ten forma variábel; algunhas son tubos finos e enroscados, outras son evaxinacións do aparato reprodutor.Jan A. Pechenik (2014): Biology of the Invertebrates. 7ª edición New York: McGraw Hill Education. ISBN 978-0-0735-2418-4.

Algunhas especies teñen máis de unha espermateca.

Cómpre non confundir este termo con espermatóforo, estrutura que contén espermatozoides, que é precisamente a que os machos introducen na espermateca das feminias durante a cópula.espermatóforo en dicciomed. Diccionario médico-biológico, histórico y etimológico]."Espermatóforos" en Curso de Taxonomía de Oligoquetos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Reprodución sexual Artrópodos: Reprodución e desenvolvemento

Categoría:Reprodución Categoría:Anatomía animal Categoría:Termos biolóxicos