O Museo Milavida é un museo de historia cultural inaugurado en 2015 situado no palacio Näsilinna, na cidade de Tampere, Finlandia. A exposición principal está adicada á historia da familia von Nottbeck, propietaria da fábrica de algodón Finlayson.
Ademais da exposición principal, Milavida conta con exposicións temporais, especialmente relacionadas coa moda e o deseño. O museo acolleu mostras de zapatos de Salvatore Ferragamo, vestidos de noite de Valentino, e tecidos estampados de Timo Sarpaneva. En 2018 exhibiuse a coroa deseñada para o rei de Finlandia.
As salas de exposición están situadas no segundo andar de Näsilinna. O Museo Milavida é máis pequeno que o anterior museo de Häme, que estivo no mesmo edificio entre 1908 e 1998. Milavidalla ten tamén o seu propio perfil de exposición, non é un museo xeral como o era o mseo de Häme.Lind, Mari: Näsilinnasta Milavidaksi. – Ritva Palo-oja (toim.) Hämeen museon historia, s. 171–172. Tampere: Tampereen museot, 2016. ISBN 978-951-609-796-4.
Milavida é o nome orixinal do palacio Näsilinna..
Notas
Véxase tamén Outros artigos Näsilinna Näsinpuisto Finlayson
Ligazóns externas Sitio web do museo
Muumi