Mitzi Jonelle Tan, nada en Manila o 27 de outubro de 1997, é unha activista xuvenil pola xustiza climática de Filipinas. Vive en Metro Manila, Filipinas.

Traxectoria O activismo de Tan comezou en 2017 despois de reunirse con dirixentes indíxenas no seu país. Isto fixo que se decatara de que a acción colectiva e o cambio de sistema son necesarios para crear unha sociedade máis xusta e verde.

En 2019, Mitzi Jonelle Tan cofundou Youth Advocates for Climate Action Philippines (YACAP), e os Fridays For Future (FFF) de Filipinas, tralas manifestacións climáticas en todo o mundo.

Tan é a coordinadora principal, e portavoz internacional de YACAP. Tan tamén é activista e portavoz de Fridays for Future en Filipinas. Liderou folgas de acción climática na Universidade de Filipinas.

Tan formou parte da iniciativa para realizar folgas escolares polo clima en liña no inicio da pandemia da COVID-19.

En setembro de 2020 Tan formou parte dun movemento para volver ás protestas climáticas 'seguras'.

A finais de 2020 Tan foi unha das voluntarias que organizou Mock COP26, que contou con delegados de 140 países. Tamén deu unha charla en Mock COP26 sobre como ser unha activista que vive onde o activismo é equiparado co terrorismo. Ó falar do Mock COP26 a The Guardian, Tan dixo que "Están a asegurarse de que as voces das áreas máis afectadas se amplifiquen, e asegúranse de que teñamos un espazo e que non estamos só tokenizados."

Tan foi unha das activistas que participou na campaña Fridays For Future 'Pass the Mic', tamén a finais de 2020, para pedir que David Attenborough pase a súa conta de Instagram ós defensores da xuventude, particularmente do Sur Global.

En novembro de 2020 Tan respaldou a serie de concertos internacionais Climate Live que se celebrarán en 2021.

Tan inspirou a outros, como a activista de xuvenil indonesia Salsabila Khairunnisa.

Tan xunto con outros catro activistas dos países MAPA (Most Afected Peoples and Areas, en ), Eyal Weintraub da Arxentina, Disha A Ravi da India, Kevin Mtai de Kenya, e Laura Verónica Muñoz de Colombia, xunto con Greta Thunberg, anunciaron unha nova onda de folgas climáticas. Ó anunciar as folgas climáticas, Tan pediu "obxectivos anuais vinculantes de carbono e recortes inmediatos das emisións en todos os sectores da nosa economía." Tamén dixo: "Se non actuamos agora, non teremos a oportunidade de conseguir eses obxectivos para 2030 e 2050 dos que os dirixentes mundiais seguen falando."

A organización de Tan entrou en acción despois dos furacáns consecutivos do 2020 para axudar ás comunidades máis afectadas, incluso alimentando ós famentos e falando con eles sobre os problemas ós que se enfrontaban.

Notas

Categoría:Nados en Filipinas Categoría:Ecoloxistas de Filipinas Categoría:Nados en ano descoñecido