O Museo de Arte de Tampere é un museo da cidade de Tampere, Finlandia. Abriu as súas portas o 31 de outubro de 1931, o que o converte no museo máis antigo do interior de Finlandia e o terceiro museo de arte máis antigo do país.. O Museo de Arte encóntrase no distrito de Amuri, preto de Pyynikintori. É propiedade da cidade de Tampere dende 1985, e está operado polo servizo de museos da cidade. O edificio que o acolle foi deseñado por Carl Ludvig Engel e a súa construción finalizou en 1838, se ben o seu redeseño como museo de arte foi realizado por Hilja Gestrin en 1931. Entre 1982 e 1984 tivo lugar a última gran remodelación, na que o espazo se ampliou cunha área subterránea, e dotouse ao museo de tecnoloxía moderna.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web
Categoría:Museos de Tampere