Stellantis NV é un fabricante multinacional automobilístico con sede en Ámsterdam, Países BaixosFiat Chrysler to Be Renamed Stellantis After Merger With PSA, Wall Street Journal, 15 de xullo de 2020, formado pola fusión da empresa italo-americana Fiat Chrysler Automobiles e da empresa francesa Groupe PSA en 2021 sobre a base dun 50%-50% cun acordo de fusión transfronteiriza.Fiat Chrysler and PSA Group rename merged automaker ‘Stellantis’ , Fox Business, 16 de xullo de 2020 O grupo ten unha ampla carteira de marcas de automóbiles: Abarth, Alfa Romeo, Chrysler, Citroën, Dodge, DS Automóbiles (escisión de Citröen), Fiat, Fiat Profesional, Jeep, Lancia, Maserati, Opel, Peugeot, Ram Trucks e Vauxhall Motors. O nome "Stellantis" úsase exclusivamente para identificar a entidade corporativa, mentres que as marcas e os logotipos do grupo permanecen inalterados.

A compañía ten 400.000 empregados, con presenza en máis de 130 países e con fábricas en 30 países. O grupo ten plans para ter 39 vehículos eléctricos para finais de 2021.

Historia A principios de 2019, FCA buscou unha fusión co fabricante de automóbiles francés Renault e chegou a un acordo provisional coa empresa. Non obstante, o comportamento do goberno francés durante as negociacións levou ao abandono do acordo; The Economist informou de que "para FCA isto auguraba interferencias futuras." Nissan tamén tiña varias preocupacións sobre o impacto da proposta na súa alianza con Renault.

Posteriormente, FCA achegouse a PSA. A fusión, acordada oficialmente en decembro de 2019, foi a de crear o cuarto fabricante de automóbiles máis grande do mundo por vendas mundiais de vehículos, cun aforro anual previsto de 3.700 millóns de euros, ou aproximadamente 4.222 millóns de dólares.

O 21 de decembro de 2020, a Comisión Europea anunciou a súa aprobación da fusión, ao tempo que impoñía restricións mínimas para garantir a competencia no sector.

A fusión foi aprobada o 4 de xaneiro de 2021 polos accionistas de FCA NV e Peugeot SA e o acordo concluíu o 16 de xaneiro de 2021. As accións ordinarias da nova compañía comezaron a negociarse na Bolsa de Milán (MTA) e Euronext París o 18 de xaneiro de 2021 e na Bolsa de Nova York o 19 de xaneiro de 2021, en cada caso baixo o símbolo "STLA".

Estrutura Desde 2021 a carteira de marcas de Stellantis é: Marca Fundación CEO da marcaJeep 1941 Christian MeunierChrysler 1925 Timothy KuniskisDodge 1914Ram 2010 Michael KovalFiat 1899 Olivier FrançoisAbarth 1949Lancia 1906 Luca NapolitanoAlfa Romeo 1910 Jean-Philippe ImparatoMaserati 1914 Davide GrassoCitroën 1919 Vincent CobéePeugeot 1810 Linda JacksonOpel 1862 Michael LohschellerVauxhall 1857DS Automobiles 2014 (escisión de Citroën) Béatrice Foucher

Propiedade Tras a fusión do 50% de FCA e 50% de PSA, os propietarios son: Exor N.V.: 14.40% Accións propias do grupo: 12.59% Familia Peugeot: 7.20% Depósitos de fondos e consignacións: 5.66% Dongfeng Motor Corporation: 4.91% UBS Securities: 4.88% BlackRock: 3.57% Grupo Vanguard: 2.67%

Consello de administración O consello executivo de Stellantis está formado por 11 membros. Cinco membros proceden de PSA e dos principais accionistas (BpiFrance, FFP), mentres que outros cinco proceden de Fiat Chrysler Automobiles e principal accionista (Exor). O escano restante recae en Carlos Tavares, CEO de Stellantis.

Plantas de montaxe Norte América Canadá: Brampton, Ontario (Factoría de Brampton) Windsor, Ontario (Factoría de Windsor) México: Saltillo, Coahuila (Factoría de camións de Saltillo) Toluca (Factoría Toluca) Estados Unidos: Belvidere, Illinois (Factoría de Belvidere) Detroit, Míchigan (Factoría de Jefferson North) Sterling Heights, Míchigan (Factoría de Sterling Heights) Warren, Míchigan (Factoría de camións de Warren) Toledo, Ohio (Complexo industrial de Toledo)

Sur América Arxentina: Bos Aires (Sevel Argentina) Córdoba Brasil: Betim, Minas Xerais Goiana, Pernambuco Porto Real, Río de Xaneiro Venezuela: Valencia, Carabobo

Europa Francia: Sausheim, Grand Est (Factoría de Stellantis Mulhouse) Poissy, Île-de-France (Factoría de Stellantis Poissy) Rennes, Bretaña (Factoría de Stellantis Rennes) Lieu-Saint-Amand, Hauts-de-France (Sevel Norte) Alemaña: Eisenach, Turinxia (Opel Eisenach) Rüsselsheim, Hessen (Opel Rüsselsheim) Hungría, Szentgotthárd (Opel Szentgotthárd) Italia: Turín (Avv. Giovanni Agnelli, Stabilimento Mirafiori) Piedimonte San Germano (Factoría de Alfa Romeo en Cassino) Módena (Maserati) Pomigliano d'Arco (Giambattista Vico) Melfi (SATA) Atessa (Sevel Sur) Polonia: Bielsko-Biala, Silesia Gliwice, Silesia Tychy, Silesia Portugal: Mangualde (Factoría Stellantis de Mangualde) Serbia: Kragujevac, Sumadija e Serbia oeste Eslovaquia: Trnava (Factoría de Stellantis en Trnava) España: Madrid Vigo, Galicia (Factoría de Stellantis en Vigo) Figueruelas, Aragón (Factoría de Zaragoza) Reino Unido: Ellesmere Port, Cheshire (Vauxhall Ellesmere Port) Luton, Bedfordshire (Vauxhall Luton) Rusia: Kaluga (PCMA Rus) Turquía: Bursa (Tofaş)

África, Oriente medio, Asia e Oceanía Alxeria: Orán China: Wuhan, Hubei (50-50 Joint Venture con Dongfeng) Changsha, Hunan (50-50 Joint Venture con GAC) Chengdu, Sichuan (50-50 Joint Venture con Dongfeng) Guangzhou, Guangdong (50-50 Joint Venture con GAC) India: Ranjangaon, Maharashtra (FCA India) Thiruvallur, Tamil Nadu Irán: Teherán, Joint Venture with Iran Khodro (IKAP) Kashan, Saipa-Citroen (50-50 Joint Venture with SAIPA) Malaisia: Gurun, Kedah Marrocos: Kenitra (Factoría PSA en Kenitra) Namibia: Walvis Bay, Erongo Nixeria: Kaduna

Notas

Referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas

www.stellantis.com STELLANTIS: The name of the new group resulting from the merger of FCA and Groupe PSA , joint press release of FCA and PSA

Categoría:Fabricantes de automóbiles