Domitila García Doménico de Coronado, nada en Camagüey o 7 de maio de 1847 e finada na Habana en 1938, foi unha escritora, xornalista, editora e profesora cubana, considerada a primeira muller que practicou xornalismo no seu país.
O 17 de maio de 1891 fundou a Academia de Mulleres Tipógrafas. Fundou e redactou en diversas publicacións, entre elas os xornais La Antorcha e El Céfiro a carón de Sofía Estévez (1848-1901). Ademais, foi redactora de La Mujer, xunto con Aída Peláez de Villa Urrutia e Isabel Margarita Ordetx. Por outra banda, publicou a primeira antoloxía de escritoras cubanas no ano 1868 que se titulou Álbum poético fotográfico de escritoras cubanas.
Notas
Categoría:Nados en 1847 Categoría:Nados en Camagüey Categoría:Finados en 1938 Categoría:Escritores de Cuba