Kiira Linda Katriina Korpi-Borges, nada o 26 de setembro de 1988 en Tampere, é unha patinadora artística sobre xeo finlandesa retirada. Foi cinco veces campioa finlandesa e tres veces medallista no Campionato de Europa. Korpi comezou a estudar psicoloxía en The New School de Nova York no outono de 2018.

Traxectoria Filla de Brita Korpi e do adestrador de hóckey sobre xeo Rauno Korpi, que dirixiu a Tappara na conquista de catro campionatos finlandeses e que en 1998 conseguiu o bronce olímpico coa selección feminina, comezou a súa carreira como patinadora na escola de patinaxe de Tappara en 1993.

Notas

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Tampere Categoría:Patinadores artísticos olímpicos de Finlandia Categoría:Tappara Categoría:Patinadores artísticos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2006 Categoría:Patinadores artísticos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010