200px|miniatura|Juan José Campanella, director do filme gañador Esta é unha lista dos filmes propostos na 82ª edición dos Óscar para o mellor filme en lingua non inglesa.En abril de 2019 o nome da categoría cambiouse a mellor filme internacional, logo de que a academia considerase a anterior denominación como desfasada: A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar un filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956. O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa. O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados.

Os filmes candidatos debían terse estreado nos cinemas dos seus respectivos países entre o 1 de outubro de 2008 e o 30 de setembro de 2009. En total, 67 países propuxeron filmes para a súa consideración, mais os filmes de Alxeria e Mongolia foron descualificados.

A lista curta de nove candidatos anunciouse o 20 de xaneiro de 2010 e os cinco candidatos (Alemaña, Arxentina, Francia, Israel e o Perú) anunciáronse o 2 de febreiro de 2010. O filme arxentino El secreto de sus ojos de Juan José Campanella gañou o premio, segundo filme arxentino que o conseguiu.

Propostas País Título Lingua(s) Director(es) Resultado Gjallë! Albanés Artan Minarolli Das weiße Band Alemán Michael Haneke London River Francés, inglés Rachid Bouchareb Hrashagortsi ashune Armenio Ruben Gevorkyants, Vahe Gevorkyants El secreto de sus ojos Castelán Juan José Campanella Samson and Delilah Warlpiri, inglés Warwick Thornton Ein Augenblick Freiheit Inglés, persa, turco Arash T. Riahi Britter Baire Bengalí Golam Rabbani Biplob De Helaasheid der Dingen Neerlandés Felix van Groeningen Zona Sur Castelán, aimara Juan Carlos Valdivia Čuvari noći Serbocroata Namik Kabil Salve Geral Portugués Sergio Rezende Svetat e golyam i spasenie debne otvsyakade Búlgaro Stephan Komandarev J'ai tué ma mère Francés Xavier Dolan Kelin Sen diálogo Ermek Tursunov Protektor Checo Marek Najbrt Dawson. Isla 10 Castelán Miguel Littin Mei Lanfang Mandarín Chen Kaige Los viajes del viento Castelán Ciro Guerra Madeo Coreano Bong Joon-ho Kenjac Croata Antonio Nuić Los dioses rotos Castelán Ernesto Daranas Frygtelig lykkelig Dinamarqués Henrik Ruben Genz Nedodržaný sľub Eslovaco Jirí Chlumský Pokrajina št. 2 Esloveno Vinko Moderndorfer El baile de la Victoria Castelán Fernando Trueba Detsembrikuumus Estoniano Asko Kase Ded na si Lolo Tagalo Soxie Topacio Postia pappi Jaakobille Finés Klaus Härö Un prophète Francés Jacques Audiard Oi sklavoi sta desma tous Grego Adonis Lykouresis Lei wangzi Mandarín Yonfan Kaméleon Húngaro Krisztina Goda Harishchandrachi Factory Marathi Paresh Mokashi Jamila dan Sang Presiden Indonesia Ratna Sarumpaet Dar bāre-ye Elly Persa Asghar Farhadi Reykjavík-Rotterdam Islandés Oskar Jonasson Ajami Árabe, hebreo Yaron Shani, Scandar Copti Baarìa Siciliano Giuseppe Tornatore Duburys Lituano, ruso Gytis Luksas Réfractaire Francés Nicolas Steil Antiga República Iugoslava de Macedonia Ocas ještěrky Checo Ivo Trajkov Casanegra Árabe Nour-Eddine Lakhmari El traspatio Castelán Carlos Carrera By the Will of Genghis Khan / Iacuto, ruso e outras Andrei Borissov Max Manus Noruegués, alemán Joachim Rønning, Espen Sandberg Oorlogswinter Neerlandés, alemán, inglés Martin Koolhoven La teta asustada Castelán, quechua Claudia Llosa Rewers Polaco Borys Lankosz Kabo y Platon Castelán Edmundo H. Rodríguez Um Amor de Perdição Portugués Mário Barroso Politist, adj. Romanés Corneliu Porumboiu Afghan Star Dari, pashtu, inglés Havana Marking Palata nomer shest Ruso Aleksandr Gornovsky, Karen Shakhnazarov Sveti Georgije ubiva azdahu Serbio Srdjan Dragojevic Alimankada Sita Sinhala Chandran Rutnam De ofrivilliga Sueco Ruben Östlund Home Francés Ursula Meier White Wedding Afrikaans, xhosa, zulú, inglés Jann Turner Khwaam jam sun... Tae rak chan yao Tailandés Youngyooth Thongkonthun Bùnéng méiyǒu nǐ Hakka, hokkien, mandarín Leon Dai Güneşi gördüm Turco Mahsun Kırmızıgül Mal día para pescar Castelán Álvaro Brechner Libertador Morales, el Justiciero Castelán Efterpi Charalambidis Đừng đốt Vietnamita Đặng Nhật Minh Dare mo Mamotte Kurenai Xaponés Ryoichi Kimizuka Gagma napiri Xeorxiano, abkhazo, ruso Giorgi Ovashvili

Controversias e cambios Os Países Baixos elixiron Wit Licht como a súa proposta oficial o 2 de setembro, mais a decisión foi apelada, xa que algúsn produtores neerlandeses consideraban que sería descualificada por ter demasiado diálogo en inglés. O comité neerlandés consultouno ao comité da Academia o 21 de setembro para determinar se o país debería ser representado por outro filme. O comité chegou á conclusión de que o filme cumpría o requirimento de ter menos dun 50% de diálogo en inglés, polo que podería ser a proposta oficial. Porén, a Academia concluíu que The Silent Army era de feito inelixíbel porque a versión enviada para os Óscar non era a mesma estreada nos cinemas dos Países Baixos. Finalmente, Oorlogswinter foi seleccionado como candidata neerlandesa. O comité de selección serbio votou orixinalmente por Tamo i ovde, ambientada en Belgrado e Nova York e cun elenco serbio e estadounidense. Tras consultar a Academia, Serbia cambiou a proposta porque o filme contiña máis dun 50% do diálogo en inglés. Sri Lanka anunciou que enviaría Akasa Kusum como candidata, mais finalmente a proposta oficial foi Alimankada Sita.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Official website of the Academy Awards

82 Categoría:Cinema en 2009