Shenzhou 11 foi un voo tripulado cara a estación espacial chinesa Tiangong 2. Foi lanzada o 16 de outubro de 2016 mediante un foguete CZ-2F desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.

Características Shenzhou 11 foi unha misión tripulada polo comandante Jing Haipeng e o piloto Chen Dong que se acoplou á estación espacial Tiangong 2, á que permaneceu unida 30 días, durante os cales a tripulación fixo toda unha serie de probas e experimentos. Shenzhou 11 regresou a terra o 18 de novembro.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos CZ-2F Shenzhou 1 Shenzhou 2 Shenzhou 3 Shenzhou 4 Shenzhou 5 Shenzhou 6 Shenzhou 7 Shenzhou 8 Shenzhou 9 Shenzhou 10 Shenzhou 12 Shenzhou 13 Shenzhou 14 Shenzhou 15 Shenzhou 16 Tiangong 2

Categoría:Programa Shenzhou