Elena Angélica Dores Holmberg Lanusse, coñecida como Elena Holmberg, nada en Bos Aires o 24 de maio de 1931 e desaparecida en Bos Aires o 20 de decembro de 1978, foi unha diplomática arxentina secuestrada e asasinada en 1978. Destacada por ser a primeira muller no Instituto do Servizo Exterior da Nación, Holmberg foi unha funcionaria importante da ditadura militar que tomou o poder na Arxentina en 1976 e é de convencemento xeral que foi detida-desaparecida e logo asasinada polo propio réxime ao que pertencía. • http://www.derechos.org/nizkor/arg/causa13/casos/caso689.html • La diplomática Elena Holmberg y el publicista Marcelo Dupont , Nunca Más
Traxectoria Procedente dunha familia tradicional (irmá do coronel retirado Enrique Holmberg e prima irmá do xeneral Alejandro Lanusse, expresidente de facto da República Arxentina) traballaba como funcionaria de carreira na Embaixada Arxentina en Francia.
Por diferenzas de criterios entre o persoal do «Centro Piloto de Información», instalado en París e a cargo de oficiais de intelixencia da Armada Arxentina (onde tamén estiveron destinados Puma Perrén, Alfredo Astiz e Adolfo Donda), a diplomática foi convocada a Bos Aires para informar aos seus superiores, resultando secuestrada polo Grupo de tarefas 3.3.2 nesta cidade o 20 de decembro de 1978 ao saír do Ministerio de Relacións Exteriores e cando se dirixía a atoparse cun grupo de xornalistas franceses.Torturadores de la escuela del horror
Persoas liberadas da Escuela Superior de Mecánica de la Armada (ESMA) declararon que nesa época certos oficiais da mesma aludiron á súa participación na desaparición de Elena Holmberg.
O 11 de xaneiro de 1979, o seu cadáver descomposto foi atopado no río Luján, localidade de Tigre, provincia de Bos Aires sendo recoñecida posteriormente polo seu primo Lanusse.
Presúmese que Emilio Massera foi quen ordenou directamente a súa morte.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Andrea Basconi, Elena Holmberg, la mujer que sabía demasiado, Editorial Sudamericana, Bos Aires,2012 Holmberg, Enrique e Holmberg Eugenio, Elena Holmberg. Historia de una infamia, edición privada, Bos Aires, 2001. María Oliveira-Cézar, El exilio argentino en Francia, Amérique Latine Histoire et Mémoire. Les Cahiers ALHIM Herrera Vegas, D.J. e Jáuregui Rueda, Carlos, Familias Argentinas, Ediciones Callao 1823, Bos Aires, 2003 e 2006
Outros artigos Héctor Hidalgo Solá
Categoría:Finados en 1978 Categoría:Nados en 1931 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Diplomáticos da Arxentina