Carl Ludwig Willdenow, nado en Berlín o 22 de agosto de 1765 e finado na mesma cidade o 10 de xullo de 1812, foi un botánico, pteridólogo, micólogo e farmacéutico alemán. É considerado un dos fundadores da Fitoxeografía, o estudo da distribución xeográfica das plantas. Tamén foi mentor de Alexander von Humboldt un dos máis coñecidos e precoces fitoxeográfos.

Traxectoria Tras estudar Farmacia proseguiu os seus estudos en Medicina e Botánica na Universidade de Halle obtendo o título de Doutor en Medicina en 1789. Traballou como farmacéutico en Berlín. En 1789 traballa como profesor de "Historia Natural" no Collegium medico-chirurgicum. En 1801 é profesor de botánica na nova Universidade de Berlín. En 1810 é nomeado director do Xardín Botánico de Berlín, cargo que mantivo até a súa morte.

En 1811 traballou en París analizando as plantas traídas por Alexander von Humboldt da súa viaxe por Suramérica. Interesouse na adaptación das plantas ao clima, demostrando que nun mesmo clima presentábanse plantas con características comúns. O seu herbario, que contiña máis de 20.000 espécimes, aínda se conserva en Berlín.

Debido a unha enfermidade volveu a Berlín onde morreu.

Willdenow foi un dos máis famosos biólogos sistemáticos debido sobre todo á fundación da dendroloxía.

A abreviatura «Willd.» emprégase para indicar a Carl Ludwig Willdenow como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.Tódolos xéneros e especies descritas por este autor en IPNI.

Obras Florae Berolinensis prodromus, 1787. Historia Amaranthorum, 1790, 1798. Grundriß der Kräuterkunde, 1792. Berlinische Baumzucht, 1796, 2.ª ed. 1811. Phytographia, 1794. Linnaei species plantarum, 1798-1826, 6 vols. Anleitung zum Selbststudium der Botanik, 1804; 4.ª ed. 1832. Enumeratio plantarum horti regii botanici Berolinensis 1792, 9.ª ed. e outras edicións entre 1798 e 1831. Caricologia, 1805. Enumeratio plantarum horti regii botanici Berolinensis, 1809. Hortus Berolinensis, sive icones et descriptiones …. 1803-1816. Xunto con F. Guimpel & F. G. Hayne. Abbildungen der deutschen Holzarten, 1810-1820.

Recoñecementos

1801: nomeado membro estranxeiro da Real Academia das Ciencias de Suecia

Epónimos Xéneros (Asteraceae) Willdenowia Steud. Nomencl. Bot. [Steudel] 892. 1821 (IK)

(Restionaceae) Willdenowia Thunb. Kongl. Vetensk. Acad. Nya Handl. xi. (1790) 26. t. 2 (Wildenowia); Willd. Sp. Pl.iv. 717 1805 (IK)

(Rubiaceae) Willdenowia Steud. Nomencl. Bot. [Steudel] 892. 1821 (IK)

Especies Carex willdenowii Schkuhr ex Willd. Croton willdenowii G.L.Webster Quercus × willdenowiana (Dippel) Beissn., Schelle & Zabel (pro sp.) Selaginella willdenowii (Desv. ex Poir.) Baker Trifolium willdenowii Spreng.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Clara Willdenow

Bibliografía Meyers Konversationslexikon 1888-1889 Jahn: Geschichte der Biologie. Spektrum 2000 Mägdefrau: Geschichte der Botanik. Fischer 1992

Categoría:Nados en Berlín Categoría:Nados en 1765 Categoría:Finados en 1812 Categoría:Biólogos de Alemaña