Azolla caroliniana é unha especie de pteridófita (fentos ou fieitos) da clase das polipodiópsidas e orde das salviniales, e familia das salviniáceas, unha das sete comprendidas no xénero Azolla.Azolla Lam. en World Flora Online. Consultado o 25 de marzo de 2021.
É un pequeno fieito acuático flotante orixinario do Canadá e os Estados Unidos, que posúe, como as demais especies do xénero, unha alga simbionte (unha cianobacteria do xénero Anabaena, A. azollae) que fixa o nitróxeno. Reprodúcese rapidamente por fragmentación.
Como outras salviniáceas é unha planta invasora.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1810 polo farmacéutico e botánico alemám Carl Ludwig Willdenow nas páxinas 541 e 542 da obra de Linneo Species Plantarum, [https://www.biodiversitylibrary.org/item/14570#page/1/mode/1up Editio quarta, post Reichardianam quinta, adjectis vegetabilibus hucusque cognitis olim curante Carolo Ludovico Willdenow. Tomvs V. Berolini. Impensis G. C. Nauk, 1810].Azolla caroliniana Willd. en World Flora Online. Consultado o 25 de marzo de 2021.Azolla caroliniana Willd., Species Plantarum, 4ª ed. [Willdenow 5: 541.] no IPNI. Consultado o 25 de marzo de 2021.Azolla caroliniana Willd., Sp. Pl. 5 (1): 541. no GBIF. Consultado o 25 de marzo de 2021.
Etimoloxía Para a do xénero, véxase Azolla.
O epíteto específico, caroliniana é un termo do latín científico que se significa "das Carolinas" (colonias de Nova Inglaterra, hoxe nos Estados Unidos de América), en referencia á súa área de distribución.Brown, R. W. (2000): Composition of Scientific Words. Washington, D.C., USA: Smithsonian Institution. ISBN 978-1-5609-8848-9-
Nota taxonómica Anteriormente, ou ás veces aínda hoxe en día, algúns autores consideran o xénero como o único da familia das azoláceas (Azollaceae).Salviniales no ITIS. Consultado o 21 de marzo de 2021.Azollaceae en floravascular.com Pero esta familia non é admitida polo WoRMS,Salviniaceae Martinov, 1820 no WoRMS. e outras bases de datos e, a maioría dos autores, inclúen o seu único xénero na familia das salviniáceas.
Sinónimos Ademais de polo protónimo cuñado por Willdenow, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:Azolla bonariensis Bertol.Azolla densa Desv.Azolla portoricensis Spreng.Carpanthus axillaris Raf.Salvinia azolla Raddi
Variedades Na especie recoñécense dúas variedades:Azolla caroliniana var. americana Nutt., 1818Azolla caroliniana var. caroliniana Willd., 1810
Características Son pequenas plantas de 0,5 a 1 cm de lonxirude, dicotomicamente ramificadas, con frondes duns 0,5 mm, case lisas, non cercanamente imbricadas. Teñen de 8 a 400 microsporangios reunidos nun indusio, con gloquidios sen septos ou, raramente, con un ou dous. Descoñécese se teñen macrósporas.
Hábitat e distribución
Viven en augas estancadas, charcas, pantanos, brañas e lamazais, en zonas entre 0 e os 700 m de altitude. A súa área de distribución orixinaria é o Canadá, o leste dos Estados Unidos, Mesoamérica, Colombia, Venezuela, as Güianas, o Perú, o sur do Brasil, o Uruguai, o norte da Arxentina, e nas illas de Cuba, Porto Rico e Xamaica.
Usos Azolla caroliniana ten diversos usos: Úsase frecuentenmente como planta decorativa nos acuarios. Antigamente foi utilizada como forraxe na India e no Extremo Oriente para alimentar a peixes e aves,Azolla’s uses en The Azolla Foundation. co risco, en certos contextos, de concentrar metais pesados, non metais ou radionucleidos. Rica en nitróxeno, foi utilizada (e aínda se usa) como fertilizante verde, nos cultivos de arroz,Thomas A. Lumpkin & Donald L. Plucknett (1980): "Azolla: Botany, physiology, and use as a green manure". Economic Botany 34: 111–153. (cos mesmos riscos indicados máis arriba), e tendo en conta que as alfombras desta planta tamén permitían suprimir as malas herbas. Azolla caroliniana presenta un potencial de fitodepuración da auga, en particular pola extracction de metais peados, como o mercurio, o cromo III e o cromo VI,R. Bennicelli & Z. Stępniewska (2004):, "The ability of Azolla caroliniana to remove heavy metals (Hg(II), Cr(III), Cr(VI))". Chemosphere 55 (1): 141-146. e tamén se comprobou en 2012 que presenta un factor de bioconcentración interesante para o cobre (Cu), o cromo (Cr), o chumbo (Pb) e o níquel (Ni), metais tóxicos que poden así seren extraídos das augas contaminadas por cinzas de carbón.Vimal Chandra Pandel (2012): "Phytoremediation of heavy metals from fly ash pond by Azolla caroliniana". Ecotoxicology and Environmental Safety 82 (1): 8-12.Stepniewska, Z., Bennicelli, R. P., Balakhina, T. I., Szajnocha, K., Banach, A. M., & Wolinska, A. (2005): "Potential of Azolla caroliniana for the removal of Pb and Cd from wastewaters". International Agrophysics 19 (3): 251-255.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía C. van Hove & A. Lejeune (2002): "The Azolla–Anabaena Symbiosis". Biology and Environnment, en Proceedings of The Royal Irish Academy 102B (1): 23–26. (Texto competo en PDF). P. A. Saccardo (1892): "De diffusione Azollae caroliniamie per Europam. Hedwigia 31: 217–218. R. K. Godfrey & Grady W. Reinert (1961): "Observations on Microsporocarpic Material of Azolla caroliniana". American Fern Journal 51 (2): 89-92.
Outros artigos Salviniales Salviniáceas Azolla
Ligazóns externas Carolina Mosquitofern. Azolla caroliniana Willd. no EOL.
Categoría:Fentos Categoría:Plantas acuáticas Categoría:Plantas invasoras Categoría:Plantas descritas en 1810 Categoría:Salviniales