Meritxell Mateu i Pi, nada o 19 de xaneiro de 1966, é unha política andorrana. Foi Ministra de Asuntos Exteriores do Principado de Andorra e posteriormente Conselleira Xeral até outubro de 2016.

É licenciada en Historia pola Universidade Paul Valéry de Montpellier e en Relacións Internacionais polo Instituto Libre de Estudo das Relacións Internacionais de París.

Foi membro da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa desde 2011 a 2016.

Cargos

2007-2009 Ministra de Asuntos Exteriores. 2005-2007: Ministra de Vivenda, Ensino Superior e Investigación. 2001: Embaixadora de Andorra en Eslovenia. 1999-2004: Embaixadora de Andorra en Alemaña. 1999: Embaixadora de Andorra en Dinamarca. 1998: Embaixadora de Andorra en Países Baixos. 1997: Embaixadora de Andorra na Unión Europea, en Bélxica e en Luxemburgo. 1995-1999: Embaixadora de Andorra en Francia. 1995-1999: Representante permanente de Andorra ante o Consello de Europa. 1995-1999: Delegada permanente de Andorra na UNESCO.

Notas

Categoría:Políticos de Andorra Categoría:Nados en Andorra Categoría:Nados en 1966