Swaraj, nada no estado de Haryana o 14 de febreiro de 1952 e finada o 6 de agosto de 2019, foi unha política india.Sushma Swaraj . India Today. Consultado o 28 de maio de 2016. Líder e presidenta do Partido Popular Indio, traballou como ministra de asuntos exteriores da India desde o 26 de maio de 2014, sendo a segunda muller en ocupar o cargo tras Indira Gandhi.
Iniciou a súa carreira como avogada da Corte Suprema, tras estudar dereito na Universidade do Panxab.
Foi elixida sete veces como membro do Parlamento e tres veces como membro da Asemblea Lexislativa. En 1977, con 25 anos de idade, converteuse na ministra de gabinete máis nova do estado de Haryana, no norte da India. Tamén traballou como ministra principal de Delhi do 13 de outubro de 1998 ao 3 de decembro de 1998.
Tralas eleccións xerais de 2009, onde obtivo un escano polo distrito electoral de Vidisha, en Madhya Pradesh, o 21 de decembro de 2009 foi nomeada líder da oposición no Lok Sabha. Mantivo este posto até maio de 2014, cando o seu partido gañou nas eleccións xerais dese ano.BJP's Sushma Swaraj to contest Lok Sabha polls from Vidisha constituency. NDTV.com (13 de marzo de 2014). Consultado o 21 de maio de 2014.
Notas
Categoría:Ministros da India Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Haryana Categoría:Políticos da India Categoría:Finados en 2019