Marcelino Villares Santiago, nado en Montevideo en 1915, foi un militar, político e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria En 1936 vivía en Cruzul (Becerreá). Militante do Partido Comunista de España (PCE) combateu na guerra ingresando no Instituto de Carabineros en maio de 1937.Gaceta da República, 27-5-1937, p. 949, Coa derrota da República foi detido e condenado a seis anos de prisión. Estivo preso na Prisión Provincial de Madrid, de onde saíu en liberdade provisional en 1943.BOE, 23-8-1943, p. 8187, En 1944 organizou o Comité Comarcal de Becerreá do PCE. Detido en febreiro de 1946, e xulgado por rebelión militar na Coruña no proceso 75/1946, en consello de guerra celebrado o 17 de xullo de 1946 con Enriqueta Otero, Julio Nieto López, Ramón Vivero Geada e José María Urquiola Iglesias, foi condenado a vinte e cinco anos de prisión.La Voz de Galicia, 18-7-1946, p. 6.El Ideal Gallego, 19-7-1946, p. 4.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Políticos do PCE Categoría:Militares de Galicia

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia

Categoría:Galegos do Uruguai

Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Nados en 1915