Aristomenis (Menis) KoumantareasTamén grafado ocasionalmente na forma transliterada como Koumandareas. (Αριστομένης (Μένης) Κουμανταρέας no alfabeto grego), nado en Atenas o 4 de xaneiro de 1931 e finado na mesma cidade o 5 de decembro de 2014, foi un aclamado escritor grego.

Traxectoria Koumandareas cursou Filosofía e Dereito da Universidade de Atenas, así como tamén interpretación teatral, sen chegar a concluír ningún deses estudos. Traballou durante un tempo como xornalista e despois como comericial para navieiras e compañías de seguros.

Dende 1961 até a súa morte, exerceu profesionalmente como escritor e tradutor. Os seus textos foron publicados en moitos xornais e revistas literarias gregas.

Koumandareas foi achado morto, vítima de asasinato por estrangulamento, o 6 de decembro de 2014, no seu apartamento en Atenas. Dous homes romaneses foron prendidos como sospeitosos, Ştefan Mătăsăreanu (25) e Cosmin Găitan (29). O primeiro, un vello coñecido do autor, foi identificado grazas á descrición feita polo finado na súa derradeira novela.

Obra Τα μηχανάκια, 1962 Το αρμένισμα, 1967 Τα καημένα, 1972 Βιοτεχνία Υαλικών, 1975. Traducido ao galego por Alfonso Blanco (2021) Η κυρία Κούλα, 1978 Το κουρείο, 1979 Σεραφείμ και Χερουβείμ, 1981 Ο ωραίος Λοχαγός, 1982 Η φανέλα με τό εννιά, 1986 Πλανόδιος Σαλπιγκτής, 1989 Η συμμορία της Άρπας, 1993 Θυμάμαι τη Μαρία, 1994 Η μυρωδιά τους με κάνει να κλαίω, 1996 Η μέρα για τα γραπτά κι η νύχτα για το σώμα, 1999 Δυο φορές Έλληνας, 2001 Νώε, 2003 Η γυναίκα που πετά, 2006

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina no sitio web da Sociedade Helénica de Autores Menis Koumantareas en IMDb

Categoría:Finados en 2014 Categoría:Nados en 1931