José Castro Aragón, nado en Córdoba o 20 de decembro de 1947, é un xuíz andaluz, especialmente coñecido pola instrución do caso NóosEl Juez Castro imputa a Iñaki Urdangarin por sus presuntas estafas, Antena 3 (29 de decembro de 2011).Castro desea retrasar dos años su retiro para concluir sus casos. Xornal El País, 02/01/2015. polo que foi implicado e condenado a cinco anos de cárcere o ex-duque de Palma e xenro do rei Xoán Carlos I Iñaki Urdangarin.
Traxectoria Iñantes de ser xuíz José Castro exerceu como funcionario de prisións.Castro, el azote de la corrupción que imputó por primera vez a miembros de la familia real, RTVE (4 de marzo de 2013).El magistrado al que la gente aplaude, El País (4 de marzo de 2012).José Castro Aragón, un juez famoso, muy a su pesar, La Voz de Galicia (3 de abril de 2013). Ingresou na carreira xudicial no ano 1976 e pasou por diferentes destinos como Dos Hermanas, Arrecife (Lanzarote) ou Sabadell,José Castro, el 'azote' de Matas, El Mundo (31 de marzo de 2010). até que no ano 1985 chegou a Mallorca asignado á Maxistratura de Traballo —os actuais Xulgados do Social—. Pasou cinco anos resolvendo asuntos relacionados con conflitos laborais, até que en 1990 recalou no Xulgado de instrución número 3 de Palma de Mallorca, aínda que durante un tempo tivo que compaxinar ambas as obrigacións.
Saltou á fama por ser o xuíz que instruíu a causa contra Jaume Matas, antigo presidente do goberno autonómico das Illas Baleares. Dende 2010, cando comezou a instrución do chamado caso Nóos, gañou unha gran notoriedade entre a opinión pública. En 2013 converteuse no primeiro xuíz na historia de España que imputaba a un membro da Casa Real, a infanta Cristina de Borbón e Grecia.
En decembro de 2017, Castro xubilouse, após 44 anos de xudicatura, 32 deles en Palma.
Recoñecementos No ano 2018 recibiu o premio Ramon Llull, por ser un referente na loita contra a corrupción.
Notas
Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Córdoba Categoría:Xuíces de España