Kgalema Petrus Motlanthe, nado o 19 de xullo de 1949, é un político surafricano, vicepresidente do partido político Congreso Nacional Africano e elixido Presidente do país en setembro de 2008 en substitución do dimitente Thabo Mbeki.

Motlanthe foi activista estudantil, sindicalista e antigo soldado do brazo militar do Congreso Nacional Africano (CNA), UmKhonto we Sizwe.

En 1977 foi condenado a dez anos de prisión e encarcerado na Illa Robben xunto a Nelson Mandela e Jacob Zuma, baixo o réxime racista do apartheid.

Tras a súa posta en liberdade, exerceu o cargo de secretario xeral do CNA en 1997, ocupando o posto de vicepresidente a partir de 2007.

O 22 de setembro de 2008 foi elixido para substituír a Thabo Mbeki como presidente interino de Suráfrica.BBC - ANC escolhe aliado de Zuma para Presidente

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Official profile at the presidency site. Biografía en español por Fundación CIDOB "ANC Policy won't change". Who is Kgalema Motlanthe?

Categoría:Nados en Xohanesburgo Categoría:Nados en 1949 Categoría:Políticos de Suráfrica Categoría:Presidentes de Suráfrica