Dubravka Ugrešić, nada en Kutina, Iugoslavia, o 27 de marzo de 1949 e finada en Ámsterdam o 17 de marzo de 2023, foi unha destacada escritora de orixe croataPostcards from Europe: Dubravka Ugrešić as a Transnational Public Intellectual, or Life Writing in Fragments que viviu nos Países Baixos.
Traxectoria Ugrešić naceu en 1949 en Kutina (Croacia, entón Iugoslavia). Estudou Literatura comparada e Lingua e Literatura rusa na Universidade de Zagreb, compaxinando os seus estudos coa súa actividade como escritora.Official website «Short Bio »
A súa novela máis coñecida na antiga Iugoslavia foi Štefica Cvek u raljama života (Estefi nas fauces da vida), unha irónica novela posmodernista que xoga libremente cos clichés e os estereotipos da literatura e a cultura triviais. A novela foi un éxito inmediato e foi levada ao cine en 1984 baixo o título U raljama života, película dirixida por Rajko Grlić. En 1989, Ugrešić uniuse á Asociación para unha Iniciativa Democrática de Iugoslavia, un partido político marxinal que se opuña á independencia de Croacia.
En 1991, co estalido da guerra na antiga Iugoslavia, Ugrešić tomou unha firme postura antibelicista e antinacionalista. Escribiu criticando duramente o nacionalismo (tanto croata como serbio), a estupidez e a criminalidade da guerra; e pronto se converteu en branco dos medios de comunicación nacionalistas croatas, que a catalogaron como "traidora", "inimigo público" e "bruxa".
Por estes motivos, abandonou Croacia en 1993 e continuou escribindo no exilio.Editorial Anagrama «Dubravka Ugresic» A súa escritura foi descrita como accesíbel, intelixente, innovadora e cunha forte carga política e emocional.
Ugrešić viviu en Ámsterdam como escritora independente. De cando en vez daba clases en universidades americanas e europeas, e ocasionalmente escribía para algúns xornais e revistas literarias europeas.
Non ten obra traducida ao galego.
Premios Recibiu varios premios literarios e o recoñecemento internacional polos seus escritos. Na ex Iugoslavia foi galardoada cos premios NIN, Meša Selimović e K.Š. Gjalski entre outros. Tamén recibiu os seguintes premios internacionais:
2016: Premio Internacional Neustadt de Literatura. (Estados Unidos) 2006: Short listed for Independent Foreign Fiction Prize. (Reino Unido) 2004: Premio Feronia, Citta di Fiano. (Italia) 2000: Premio Heinrich Mann, Akademie Der Kunste Berlin. (Alemaña) 1999: Premio Austríaco de Literatura Europea. (Austria) 1998: SWF-Bestenliste Literaturpreis (Alemaña) 1997: Versetsprijs 1997, Stichting Kunstenaarsverzet 1942 – 1945 (Países Baixos) 1996: Premio Europeo de Ensaio Charles Veillon (Suíza)
Notas
Categoría:Exiliados Categoría:Nados en 1949 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Personalidades da literatura Categoría:Nados en Croacia