Dava J. Newman, nada en Helena (Montana) en 1964, é unha enxeñeira biomédica aeroespacial que foi subdirectora da NASA.
Traxectoria Newman obtivo a cátedra en enxeñaría biomédica aeroespacial e un máster en enxeñaría e tecnoloxía aeroespacial no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT). Graduouse en enxeñaría aeroespacial na Universidade de Notre Dáme en 1986.
É profesora do Programa Apollo de aeronáutica e astronáutica e Sistemas de Enxeñaría no MIT e na facultade de Saúde, Ciencias e Tecnoloxía de Harvard-MIT, en Cambridge. É membro do MacVicar Faculty Fellow (polas súas contribucións á educación universitaria), ex-directora do Programa de Tecnoloxía e Políticas do MIT (2003-2015), e desde 2011, directora do Programa MIT Portugal. Como directora do Programa de Política e Tecnoloxía do MIT (TPP), dirixiu a maior investigación multidisciplinar de posgrao do Instituto, con máis de 1.200 alumnos. Desde 1993 forma parte do profesorado do departamento da facultade de Aeronáutica e Astronáutica da Escola de Enxeñaría do MIT. En decembro de 2020 foi nomeada directora do MIT Media Lab.
Investigación As investigacións de Newman están centradas na enxeñaría biomédica aeroespacial e o estudo do comportamento humano en diferentes contornas de gravidade. Newman foi a investigadora principal en catro misións de voos espaciais. O experimento "The Space Shuttle Dynamic Loade Sensors (DLS)" do transbordador espacial que mediu as perturbacións producidas polos astronautas nunha contorna de microgravedad na misión STS-62. O experimento "Enhanced Dynamic Loade Sensors" en voo a bordo da estación espacial Mir entre 1996 e 1998. Foi co-investigadora no ensaio "Mental Workload and Performance Experiment (MWPE)" que voou en STS-42 para medir a carga mental de dos astronautas e o control da motricidade en microgravidade. Desenvolveu o experimento de voo espacial MICR0-G para proporcionar un conxunto de sensores e estudar a adaptación humana en contornas extremas. Foi a investigadora principal do MIT no estudo do traxe de contramedida de carga gravitatoria, ou Skinsuit, que voou na Estación Espacial Internacional como demostración tecnolóxica da ESA desde 2015 até 2017.
Dava Newman é coñecida especialmente polas súas investigacións sobre traxes para actividades espaciais, concretamente o BioSuit, cuxa compresión directa sobre a pel proporciona presión mediante os materiais téxtiles cos que está feito en lugar de gas presurizado. O traxe está deseñado para axudar aos astronautas a moverse máis facilmente do que permiten os traxes recheos de gas. Estas tecnoloxías de traxes espaciais posteriormente aplicáronse aos "traxes brandos" para estudar e mellorar a locomoción na Terra. Newman é a autora de Interactive Aerospace Engineering and Design, un libro de texto de introdución á enxeñaría. Publicou máis de 300 artigos en revistas e congresos, e é titular de numerosas patentes de tecnoloxía de compresión.
Subdirectora da NASA En outubro de 2014, o presidente Barack Obama nomeou a Newman como subdirectora da NASA, pero o Senado dos Estados Unidos devolveu o nomeamento ao presidente en decembro de 2014, debido a que o 113º Congreso levantou a sesión sen confirmala para o cargo.Presidential nomination no. 2091, "Dava J. Newman, of Massachusetts, to be Deputy Administrator of the National Aeronautics and Space Administration, vice Lori Garver, resigned", 113th Congress, novembro 12, 2014. Acceso marzo 26, 2015. Tras ser recomendada por unanimidade polo Comité e aprobada polo pleno do Senado, o 27 de abril de 2015 foi confirmada no cargo. Newman renunciou ao posto o 20 de xaneiro de 2017, coincidindo co final da administración de Obama.
Premios e recoñecementos Os premios e recoñecementos seleccionados inclúen a NASA Distinguished Service Medal (2017), o Premio Women in Aerospace Leadership (2017) e o Premio Henry L. Taylor da Asociación Médica Aeroespacial polos éxitos logrados en relación aos factores humanos aeroespaciais (2017).
O seu traxe espacial BioSuit foi exposto na Bienal de Venecia (2015), o Museo Americano de Historia Natural (2012), o Victoria and Albert Museum , Londres (2012), o Museo de Ciencia e Industria da Cidade de París (2010), o London Museum of Science and Industry (2009) e o Metropolitan Museum of Arte (2008).
A revista Time outorgoulle o premio á Mellor Invención de 2007. Newman formou parte da lista dos cen mellores enxeñeiras en 2004 e recibiu o premio Women in Aerospace National Aerospace Educator Award en 2001.
Newman foi directora da casa Baker House do MIT.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Mulleres na NASA Ligazóns externas
Páxina de biografía breve no sitio web do MIT lista de reprodución de Dava Newman no programa de radio Dinnertime Sampler de WMBR 18 de febreiro de 2004 Programa MIT Portugal Conferencia no Cume BIF por Dava Newman Biografía da NASA
Categoría:Profesores do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Categoría:Alumnos da Universidade de Notre Dame Categoría:Alumnos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Categoría:Enxeñeiros aeroespaciais Categoría:Persoal da NASA