Juan José Vidal Noya, coñecido como Cheché Vidal, nado en Vigo o 29 de maio de 1959, é un exfutbolista, enxeñeiro mecánico e empresario venezolano, de orixe galega.
É neto do xornalista e futbolista galego Xoán Noya e fillo do exfutbolista internacional Douglas Vidal.
Traxectoria
Orixes Naceu nunha familia vencellada ao fútbol polas dúas ramas. Por parte paterna é fillo do futbolista internacional con Venezuela Douglas Vidal, mentres que súa nai Violeta era filla de Xoán Noya, que fora futbolista en Galicia, e irmá de Luis Noya e Rodolfo Noya, tamén futbolistas.
Como futbolista Xogaba de lateral dereito e triunfou no Deportivo Italia, na Primeira División de Venezuela, sendo elixido Mellor Futbolista de Venezuela en 1979 e Mellor Deportista de Venezuela ao ano seguinte. Entre 1981 e 1983 xogou no equipo da Universidade de Boston, onde estaba estudando. Foi elixido no terceiro mellor equipo dos Estados Unidos en 1981, e mellor xogador do equipo e da Greater Boston League. Perdeu a tempada 1982 por unha lesión de xeonllo, e tras a súa volta non conseguiu recuperar o seu nivel. Con todo, foi elixido mellor xogador universitario do país en 1983. En 1997 foi incluído no Salón da Fama da Universidade de Boston.
Selección nacional Coa selección de Venezuela obtivo a medalla de prata nos Xogos Centroamericanos e do Caribe de Medellín de 1978. Formou parte da selección na Copa América de 1979, e competiu nos Xogos Olímpicos de Moscova de 1980. Gañou a medalla de ouro nos Xogos Centroamericanos e do Caribe da Habana en 1983.
Carreira tecnolóxica Licenciado co título de enxeñeiro na Universidade de Boston, foi vicepresidente de tecnoloxía e membro do Comité de Dirección do Comité Organizador da Copa Mundial de Fútbol de 1994 nos Estados Unidos. Ao final do Mundial, creou e desenvolveu o sitio web FIFA.com, recoñecido historicamente como o primeiro portal oficial dunha federación deportiva en Internet. Para iso, fundou a súa propia empresa nos Ánxeles, California. Ademais de FIFA.com, creou os servizos en liña da Conmebol, CONCACAF, CAF, USSF, e varias outras federacións de fútbol, e tamén as de clubs como o Manchester United e o FC Barcelona, e de grandes eventos deportivos mundiais como os Xogos Olímpicos de Atlanta 1996, o Mundial de Francia 1998, o Mundial de Rugby 1999 ou a Eurocopa 1996.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Cheché Vidal: Pionero cibernético - El Universal. Perfil en Transfermarkt.
Categoría:Nados en Caracas Categoría:Nados en 1959 Categoría:Venezolanos de ascendencia galega Categoría:Futbolistas olímpicos de Venezuela Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Venezuela Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1980 Categoría:Xogadores do Deportivo Italia