As the Love Continues é o décimo álbum de estudio da banda escocesa de post-rock Mogwai, publicado o 19 de febreiro de 2021 a través do selo Rock Action Records en Europa e de Temporary Residence Limited nos Estados Unidos.

A data de lanzamento no Reino Unido coincidiu co 25 aniversario da edición do primeiro sinxelo de Mogwai, "Tuner/Lower". Foi precedido polo sinxelo "Dry Fantasy", e o streaming dun concerto do álbum tocado na súa totalidade. As the Love Continues recibiu unha aclamación case universal da crítica e dos seguidores da banda. O álbum entrou no número 1 da lista británica na súa primeira semana, unha posición que a banda dixo que era "totalmente surrealista".

Listaxe de cancións O álbum lanzouse en CD e como descarga con 11 temas. Tamén estiveron dispoñibles versións de luxo, incluída unha edición en vinilo e un box set, algunhas das cales contaban cun disco extra (vinilo de 12" ou CD) con cinco demos inéditas.

Disco extra

Notas

Categoría:Álbums de Mogwai Categoría:Álbums musicais de 2021 Categoría:Álbums producidos por Dave Fridmann Categoría:Álbums de Rock Action Records