Darius Kinnard Garland, nado o 26 de xaneiro de 2000 en Gary, Indiana, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA). Con 1,85 metros de estatura xoga na posición de base.
Traxectoria profesional O 20 de xuño de 2019, Garland foi seleccionado polos Cleveland Cavaliers na 5ª posición do Draft da NBA de 2019. O 3 de xullo de 2019, Garland asinou cos Cavaliers. Debutou na NBA o 23 de outubro de 2019, facendo oito puntos, cinco asistencias e dous rebotes na derrota dos Cavaliers por 85–94 contra os Orlando Magic. Nese partido Garland fixo historia ó converterse no primeiro xogador nado nos anos 2000 en debutar na NBA.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Gary, Indiana Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers