Dorothy Johnson Vaughan, nada en Kansas City, Missouri, o 20 de setembro de 1910 e finada o 10 de novembro de 2008, foi unha matemática afroamericana que traballou na NACA (National Advisory Committee for Aeronautics), axencia que precedeu á NASA, onde se destacou nos diversos grupos nos que traballou como o grupo West Computing, na División de Análise, e en Computación, onde se fixo unha experta na linguaxe de programación FORTRAN, e no proxecto para lanzar satélites ao espazo Scout, até o seu retiro da NASA en 1971. Foi a primeira supervisora e supervisora afroamericana da NASA. Antes de ingresar á NASA exerceu como profesora de matemáticas.

Traxectoria Aos 7 anos os seus pais, Leonard e Anne Johnson, mudáronse a Morgantown, Virginia Occidental. Dorothy graduouse na escola secundaria Beechurst High School en 1925, e en 1929 acadou o título de Licenciada en Ciencias Matemáticas na Universidade Wilberforce.

Vaughan foi profesora de matemáticas na escola secundaria Moton High School en Farmville (Virginia). . Grazas á Orde Executiva 8802 do Presidente Franklin D. Roosevelt que obrigaba a non discriminar por raza ou relixión paia defender a industria entrou a traballar no Centro de investigación de Langley da NASA en 1943. Unha vez incorporada ao centro de investigación, ela estaba convencida de que sería un traballo temporal só até o final da guerra, pero seguiu e en 1949 Vaughan fíxose cargo da dirección da West Area Computers, un grupo de traballo segregado composto exclusivamente de mulleres afroamericanas, especialistas en matemáticas. Este grupo foi orixinalmente requirido a utilizar instalacións separadas para o xantar ou os baños, de maneira que non usasen o mesmo que as mulleres brancas. Co tempo estas mulleres matemáticas distinguíronse tanto individualmente como en grupo polas súas achegas en case todas as áreas de investigacións en Langley. A pesar de todo isto, Vaughan interveu en favor de diversas mulleres brancas doutros grupos de computación que ela cría que merecían ascensos ou aumentos de soldo.

Dorothy Vaughan encabezou o grupo West Computing case unha década ata que xunto a membros do seu grupo uniuse a nova División de Análise e Computación a cal xa era diversa tanto en razas como en sexos, logo de que en 1958 cando a NACA fixo a transición a NASA, as instalacións segregadas incluíndo a oficina West Computing, foron abolidas. Especializouse durante o resto da súa carreira en computación e en programación en FORTRAN. Traballou na División de Análise e Computación do Centro de Investigación de Langley, e tamén participou nas probas do proxecto Scout (Solid Controlled Orbital Utility Test system) nas instalacións da Wallops Flight Facility.

Durante a súa traxectoria Vaughan non só foi unha respectada matemática, senón que tamén foi a primeira persoa afroamericana en chegar ao cargo de directora no NACA, e despois na NASA. Na súa última década na NASA traballou moito con Katherine Johnson e Mary Jackson, quen traballaron no seu grupo de calculadoras afroamericanas antes de ser transferidas a outras áreas, para traballar nas ecuacións para pór en órbita ao astronauta John Glenn. Retirouse da NASA en 1971.

Recoñecementos A vida de Vaughan é unha das tres historias protagonistas que se contan no libro Hidden Figures (Figuras ocultas), e a película de mesmo nome, sobre o grupo de matemáticas afroamericanas que colaboraron en forma decisiva cos programas Mercury e Apolo da NASA.

Un satélite ÑuSat da constelación Aleph leva o seu nome.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Shetterly, Margot Lee (2017). Figuras ocultas. Madrid: Harpercollins Ibérica. ISBN 978-84-9139-034-3

Outros artigos Mulleres na NASA Mulleres na informática Mulleres nas matemáticas do século XX

Ligazóns externas Abecedario de Mulleres na informática.

Categoría:Nados en Kansas City, Missouri Categoría:Persoal da NASA Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 2008

Categoría:Matemáticos dos Estados Unidos de América